Este domingo, 14 de decembro de 2025, Santiago de Compostela acollerá unha nova manifestación contra o proxecto da empresa ALTRI en Palas de Rei (Lugo), coa aspiración de repetir a mobilización masiva de 2024, que reuniu miles de persoas e desbordou a Praza do Obradoiro.
A marcha, baixo o lema “Polas que somos e as que virán”, sairá da Alameda ás 12:00 e camiñará ata o Obradoiro, onde se pretende recrear un bosque autóctono con paragüas decorados con follas de carballos e castiñeiros como símbolo de defensa dos montes galegos fronte ao uso de eucalipto, elemento clave para a futura fábrica segundo as organizacións ecoloxistas.
As plataformas convocantes —como Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa— repiten así a súa oposición ao proxecto industrial e contan con autobuses desde toda Galicia para facilitar a participación.
Dende MOVENEDA respaldamos esta movilización e chamamos á cidadanía a participar nunha mobilización vital para defender o medio ambiente galego.
ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |