Algúns concellos empezan a mudar de opinión e dicir o que dicía Moveneda hai un ano: que Israel está a cometer en Gaza un xenocidio e crimes de guerra .
Ao Concello de Neda hai meses que lle pedimos facer xestos de apoio, como colgar unha bandeira palestina do balcón, pero o alcalde Alvariño negouse. Tamén se negou a recoller unhas liñas de apoio ás mulleres palestinas na declaración institucional polo #8M.
Agora que o PSOE a nivel estatal empeza a mudar de opinión, o alcalde Alvariño muda de postura e empeza a amosar empatia e solidaridade con #Gaza e o pobo palestino. Benvida sexa, ainda que chegue tarda mal e a rastras.
Dende MOVENEDA volvemos a reiterar a nosa petición ó goberno municipal para que colge no balcón do Concello unha bandeira palestina e de xeito permanente mentres dure a criminal agresión sionista ó pobo palestino.
Un xesto que xa fan concellos como o de Valdoviño, Ares e outros.
Tan só ese xesto pedimos.
moveneda, palestina, comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |