Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

O Concello de Neda consegue anular un credito toxico da epoca de Cabezon

Visitas: 162

 

Non podemos mais que alegrarnos de que os veciños, representados polo Concello de Neda, veñamos de virarlle o pulso ao BBVA España tras unha sentencia que recoñece que un credito contiña unha clausula abusiva pola que se nos cobraba un recargo do 25% se amortizabamos anticipadamente.

Pero detras desta gran vitoria hai detalles que todos deberiamos coñecer:

  1. Este credito toxico foi asinado sendo alcalde Ignacio Cabezon.

  2. No pleno do luns, Cabezon evitou facer autocritica e tivo a desfachatez de descargar a responsabilidade nos funcionarios do concello.

  3. Debemos lembrar que en aquel momento, Angel Alvariño estaba na oposicion e hai duas posibilidades: ou fixo deixadez na sua laboura de control e non se enterou de nada; ou o sabia e calou a boca.

  4. En 2015, Moveneda - Movemento Veciñal Neda esiximos unha auditoria de contas para buscar este tipo de cousas. O PSOE Neda e o BNG Neda dixeron que non facia falta. A veciñanza xulgaredes se de verdade facía falta revisar ben as contas que deixou o PP ou non. Nos seguimos pensando que si, que facía moita falta.

  5. O alcalde Alvariño recoñeceu no pleno do luns que o pago do credito vai reducir a capacidade de inversion do concello para este ano en 235.000€, a cantidade que hai que aboar para cancelar o credito.
    Outro regalo envenenado que nos deixaron os gobernos de Cabezon.

Etiquetas:

plenos


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.