
Non e certo que haxa un aforro de 450€ mensuais na factura da recollida de carton e papel. A realidade e que na nova contratacion de servizo, a empresa AMBIGAL 360 SL, a frecuencia de baleirado dos contedores pasa de ser #semanal a #quincenal. Metade de servizo, metade de prezo.
O alcalde Alvariño trata de facer pasar como aforro o que realmente e un empeoramento notable do servizo, que e evidente en moitos puntos de recollida onde se acumulan os restos e os contenedores permanecen cheos durante semanas.
Por outra banda, MOVENEDA ten moitas dubidas sobre o xeito como se fixo a nova contratacion, posto que pensamos incumpre a concesion de recollida de basuras a empresa Transportes Benigno Rodriguez, que ten a competencia exclusiva da recollida de todos os residuos de Neda. Os intentos de trocear a concesion para darlla a dedo a outras empresas, esquivando os procedimentos de licitacion publica, non nos parece o xeito mais transparente de xestion municipal.
Por todo isto, esiximos ao alcalde Alvariño que nos informe a todos os veciños con veracidade e transparencia.
comunicados de prensa, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |