Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

2017-10-11 | O pasado dia 2 de outubro tivo lugar Comision Informativa de Area de Educación, Cultura e Patrimonio Histórico.

Visitas: 275

O pasado dia 2 de outubro tivo lugar na casa do Concello a #ComisionInformativa de Area de Educación, Cultura e Patrimonio Histórico. Publicamos as notas e informacion do falado nesta Comisión.

Asistiron Cristina Bouza polo Grupo Mixto (Presidencia da Comisión), Ana Rosa Pena polo PSOE e Juan Carlos Pita por MOVENEDA. A reunión deu comezo as 11:00 horas, sendo secretario Eulogio.

Os Populares de Neda, (Partido Popular) coma xa ven sendo habitual, fixeron deixadez das súas funcións e non asistiron á reunión.

Primeiro aprobouse a acta anterior de xuño de 2017, por unanimidade dos presentes, para, de seguido dar conta a Presidencia dos informes:

  • Entrega un resumo económico da #FestaDoPan 2017.
  • #ProgramaciónCultural Setembro/Outubro 2017
  • Informa do número de alumnos do Colexio de #Maciñeira, un total de 93, San Isidro 111 e do IES 233, baixando o número do alumnado matriculado.
  • Curso de #PrimeirosAuxilios nos Centros educativos. Vanse facer 2 en cada colexio (4º e 6º), e 1 no IES.
  • Programas de #DinamizaciónLingüistica da xunta. O Concello asume o transporte dos alumnos de Maciñeira.

Outros temas dos que se informa:

  • a seccion de Patrimonio infórmase que está en proceso a restauración do Mapa Fontán, tendo unha previsión de remate cara a fin do ano.
  • Do Albergue: Renovouse o mobiliario, asumindo o gasto o Concello. Os colchóns e almofadas cambiounos o Consorcio do Camiño . Queda pendente o cambio de cortinas/estores.
  • FestaDoPan2017. As actuacións que se suspenderon pola choiva: A do grupo Gramola Gominola, perdida por contrato. A de Faltriqueira, facerase antes de fin de ano.
  • No asunto da Ruta Do Pincho. Informa que houbo 150 cartillas cubertas que participaron no sorteo, pero algúns establecemento chegaron a servir uns 300 pinchos.
  • Estase a celebrar o programa Ler Conta Moito.
  • Teatro. Tanto infantil como de adultos desde outubro ata decembro. No teatro de adultos (4 Rede Deputación / 3 teatro afeccionado)
  • Magosto: Será o 28/10/2017
  • Escola Teatro. Vanse poñer en funcionamento 2 grupos,  un de nenos e nenas (10 inscritos) e outro para adultos (9 inscritos)

Preguntas de MOVENEDA

Pola súa banda MOVENEDA trasladou as seguintes preguntas, moitas delas ainda pendentes de contestacion de Comisións e actas anteriores:

  • Da Acta de 05/Xuño/2017: Cando se vai constituir o Consello Escolar Municipal? Será posible facelo no curso 2017-18? 
    Resposta: Pola cantidade de persoas ás que hai que convocar parece dífícil a convocatoria.

  • Petición á Consellería da instalación dunha fonte de auga en San Isidro e dun novo portal no colexio de Maciñeira
    Resposta: De momento non, á espera da resposta da Consellería.

  • Sobor das Rutas Sendeirismo do concello. Cando se vai a facer o marcado de novo? 
    Resposta: Aínda nada.

  • Encontro Concellos no Camiño de Betanzos. Figura na acta da comisión de xuño que tería custe 0 para o concello, nembargantes na acta de X.G. de 08/05/2017 figura un pago de 425,66 € a Panadería LaNueva por EMPANADAS E BOLOS ACTOS CAMIÑO INGLÉS BETANZOS) e outro pago por transporte a Betanzos da Rondalla.
    Faise cargo a Deputación tamén? 
    Resposta: Non, isto o asume o Concello

  • Guía para os pelegríns que pasan por Neda, con locais de hostalería e sitios que visitar.? 
    Resposta: Aínda non.

  • Folleto/catálogo informativo de lugares de interés do concello? 
    Resposta: Aínda non.

  • Da acta de 30/01/2017:
    Colexio de Maciñeira: Solicitaron o arranxo da reixa de peche xa que está estropeada en varios puntos. Reparación do parque infantil. Colocación de portais automáticos de acceso ó centro. Melloras nas aulas de infantil. Reparación da caldeira feita pola Xunta que está dando problemas (tratarán de que veña a empresa que fixo a reparación a subsanar o tema). 
    Resposta: A reixa amañouna o Concello, o resto aínda en espera de contestación.

  • Milloras na sinalización da Senda do Belelle. 
    Resposta: Limpouse para a Rota de sendeirismo.

  • Mercouse a cadeira adaptada para a ducha do albergue? 
    Resposta: De momento non.

  • Subsanación por parte da Xunta das peticións feitas polas Direccións dos Centros a finais de 2015 e das que polo momento non temos constancia de se se fixo algo ó respecto. 
    Resposta en xuño: Descoñecía o tema. 
    Resposta en outubro: Polo momento non ten novas.

  • Solicitaronse as seguintes axudas da Xunta? 
    Resposta: NON

  • Fondos de compensación ambiental: “Paseos, áreas recreativas e rotas de sendeirismo, accesibilidade e sinalización de recursos turísticos. Marcación de rotas de sendeirismo e miradoiros"

Outros temas tratados anteriormente cando era concelleira Helena Pardo.

  • Proposta dun certame de Conta contos, no que se amosara interesada, pero a data de hoxe non volvimos a falar do tema. 
    Resposta da conselleira Cristina Bouza: Non sabía nada do tema, pero parecelle interesante a proposta.

  • Preguntamos pola xestion e actualización da páxina web TurismoDeNeda.org? 
    Resposta: Se actualiza en algún momento, pero bastante pobres os contidos.

Remata a Comisión ás 11:30 h

Todos os documentos referidos neste informe estan a disposicion dos veciños que o soliciten. Tamen calquera aclaracion dubida ou comentario, podedes contactar con MOVENEDA nos cauces habituais.


Etiquetas:

moveneda, goberno de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.