Publicamos o video do Pleno Ordinario do Concello de Neda celebrado o pasado luns 30 de xullo de 2018.
Neste pleno, e por primeira vez na lexislatura, vetouse polo Alcalde o feito de que MOVENEDA presentase tres mocions para o seu debate e votacion no mesmo dun xeito antidemocratico, autoritario e, ao ser un acto dictado como unha potestade discrecional, sin que o Alcalde motivara esta decision. Membros do seu propio partido teñen calificado feitos similares, cando son eles os que sufren, como "actitudes absolutistas e caciquiles".
Tratabase dun pleno ordinario, as mocions presentaronse como no resto da lexislatura antes da comision previa ao pleno, polo que o veto conxunto de PSOE, PP, BNG e CG so pode entenderse dentro da estratexia de torpedeo e de dificultar a laboura de participacion e control que MOVENEDA exerce de xeito lexitimo.
Xa metidos no contido do pleno, destacamos que se aprobaron as licitacions dos contratos do Servizo de Limpeza de de edificios e locais municipais, do mantemento do pavillon deportivo e instalacions anexas.
Minuto 3:00
Tamen se aprobou licitar o expediente para a contratacion dos Servizo de Axuda no Fogar
Se procedeu a ler unha Declaracion Institucional de apoio os Afectados por Motorkar y Opel.
Minuto 19:25
Os propios Afectados leron unha carta ao pleno.
Minuto 20:55
Xa no turno de Rogos e Preguntas, os concelleiros de #MOVENEDA protestaron polo veto as nosas mocions.
Minuto 26:00 -
Minuto 29.00 -
Membros da Plataforma Na Defensa Das Pensions Publicas Ferrolterra leron un comunicado de protesta polo veto a sua mocion, que provocou o abandono do pleno por parte dos concelleiros do Partido Popular.
Minuto 48:00
Fuxida do PP: Minuto 50:32
Veciños de Trasmonte protestaron o alcalde Angel Alvariño polo estado dos camiños na sua parroquia e pediron explicacions de porque no se incluiron prioritariamente no plan de asfaltado.
Minuto 56:00
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |