Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

O pobo de Neda e a democracia derrotan á organizacion fascista Abogados Cristianos

Visitas: 59

A democracia gaña: derrota xudicial definitiva dos que tentaron blindar a simboloxía fascista en Neda. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma o que a veciñanza de Neda xa sabíamos dende hai tempo: triunfa a memoria democrática, non o franquismo.

A DERROTA DEFINITIVA

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de desestimar o recurso interposto contra a retirada da "Cruz dos Caídos" de Neda, poñendo punto final, de forma contundente e inapelable, á ofensiva xudicial contra a memoria democrática no noso concello. Esta non é unha resolución técnica menor. Confirma que o Concello de Neda actuou correctamente, con autoridade democrática e dentro da legalidade ao retirar os símbolos franquistas.

AS DENUNCIAS E RECURSOS PRESENTADOS CARECÍAN DE FUNDAMENTO XURÍDICO REAL.

Quen tentou usar a xustiza como escudo a prol do franquismo perdeu, en todas as instancias. Xa na Asemblea Aberta de MOVENEDA do 29 de outubro de 2025 xa informamos á veciñanza de que os xulgados tiñan desestimado totalmente as denuncias presentadas. A resolución do TSXG é unha confirmación definitiva e de rango superior: a democracia ten a última palabra.

UN LONGO CAMIÑO, CHEO DE OBSTÁCULOS POSTOS CON MALA FE

A historia da retirada da simboloxía franquista en Neda é a historia dunha batalla xusta contra a obstrución sistemática. Cando MOVENEDA presentou a súa Moción de Memoria Histórica no pleno do 21 de xullo de 2016 e esta foi aprobada por unanimidade de todos os grupos municipais, semellaba que o camiño estaba allanado.

O Concello de Neda comprometíase a cumprir a Lei de Memoria Histórica, a retirar os símbolos de exaltación do franquismo e a dar pasos para pechar a ferida que a democracia española nunca debeu ter deixado aberta tanto tempo.

Pero non foi así de sinxelo. Porque houbo quen decidiu que a nostalxia do réxime merecía ser defendida nos xulgados. A organización Abogados Cristianos, coñecida en toda España pola súa traxectoria de denuncias e recursos encamiñados a obstaculizar dereitos civís, a memoria democrática e calquera expresión de pluralismo democrático, puxo o seu foco tamén en Neda. A nostalxia fascista tentou paralizar xudicialmente a retirada da "Cruz dos Caídos". Non era un afán xurídico lexítimo; era un intento de usar os tribunais como instrumento para perpetuar o que a democracia mandaba retirar.

Esa estratexia non é exclusiva de Neda. Abogados Cristianos leva anos acumulando derrotas xudiciais en Galicia e en todo o Estado: en Santiago, na Coruña, en Vilagarcía... e agora en Neda. Os tribunais, un tras outro, rexeitan os seus recursos, déstimannos, e en moitos casos condénanos ao pago de costas. O patrón repítese: denuncia, recurso, aparencia de conflito xurídico onde non o hai, e derrota. Porque a lei é clara, a democracia é clara, e a xustiza —cando funciona— acaba sendo clara tamén.

SATISFACCIÓN: A VICTORIA É DA VECIÑANZA

Dende MOVENEDA celebramos o que isto significa: que Neda é un pouco máis libre, un pouco máis digna, un pouco máis fiel á memoria das persoas que sufriron a represión franquista e que nunca mereceron ver perpetuados os símbolos dos seus verdugos no espazo público do seu propio pobo.

Esta victoria é de toda a veciñanza de Neda. É dos que, durante anos, pediron con razón e con paciencia, que se cumprise a lei. É dos que aguantaron que este proceso fose incomprensiblemente demorado, dificultado con manobras infames e xudicializado por quen nunca tivo máis argumentos que a nostalxia do fascismo.

É o momento da serenidade que dá saber que, ao final, a democracia gaña. Sempre gaña. Neda segue adiante e MOVENEDA continuará traballando para que o noso concello sexa un lugar onde a memoria democrática sexa respectada, onde a lei se cumpra e onde a veciñanza poida camiñar polas súas rúas e prazas sen atopar pedra nin placa que exalte a quen negou a liberdade e a vida a tantas persoas.

O capítulo xudicial está pechado. O capítulo da memoria, da dignidade e da democracia en Neda segue aberto.


Etiquetas:

memoria histórica, comunicados de prensa, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.