Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Mentres PSOE e PP se botan as culpas uns a outros, o saneamento sen facer e a ría contaminada

Visitas: 238

Tiveron que moverse os mariscadores, anunciando a Cofradía de Barallobre que vai iniciar accións legais contra o Concello de Neda, para que o alcalde Alvariño por fin fale publicamente dun dos meirandes problemas deste concello: o saneamento. Un problema polo que este concello recibe cuantiosas multas continuamente. Cartos dos veciños que se despilfarran en pagar multas no canto de tomar medidas axeitadas. Son xa dez anos sen traballar para dar solución este problema.

Os concelleiros de MOVENEDA preguntaron dúcias de veces para saber exactamente que se estaba a facer con este problema. Sempre recibimos como contestación vaguedades e excusas. É sorprendente que o alcalde anuncie agora que xa ten redactado un Plan de Saneamiento Municipal que aposta pola conexión da rede municipal coa EDAR de Prioriño. De ser certo que existe ese plan, este nunca foi presentado as forzas da oposicion nin publicamente ós veciños.

Como pasa sempre, PSOE e o PP andan a xogar botandose as culpas uns a outros. Pesan máis as suas guerras partidistas e electoralistas. Mentres andan entretidos discutindo Concello e Xunta, o saneamento segue sen facer, temos a ría contaminada e os mariscadores ven o seu medio de vida arruinado.

MOVENEDA DI BASTA, XA ABONDA DE ELECTORALISMO: QUEREMOS PROPOSTAS E DECISIONS

Dende MOVENEDA esiximos a PP e PSOE que se deixen de electoralismo e de darse codazos por sair nas fotos. Esiximos que se poñan máns a obra, que nos informen aos veciños e os mariscadores das propostas e das decisions que se va tomar.

A Xunta ten que poñer os cartos e o alcalde ten que poñerse a traballar. Para iso cobra. 

Isto deberia estar xa feito hai moitos anos. En que perdeu Alvariño o tempo estes dez anos??

Comunicado de prensa de MOVENEDA


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, ferrolterra, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda, eleccions municipais


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.