Nas últimas semanas toda a veciñanza puidemos comprobar como as obras da rotonda de Xubia están completamente paralizadas.
Dende MOVENEDA sempre puxemos en cuestión a prioridade real desta intervención que so ten explicación polo seu evidente compoñente electoralista.
Calquera persoa lúcida se da conta que o Partido Popular quere reforzar a impresion de que Eladio Romero posúe unha intensa capacidade de intermediación coas institucións que controla o seu partido e que, grazas a iso, “pode conseguir cousas para Neda”.
En MOVENEDA pensamos que son moito máis necesarias e urxentes outras intervecións como o paso de peóns do Poulo ou regular a velocidade na Avenida de Alxeciras e, por extensión, aumentar a seguridade dos peons en toda a AC-115 que atravesa Neda.
Nas últimas semanas, ademais da ausencia total de traballo na zona, puidemos ver como a empresa de aluguer de maquinaria Rilo retirou equipos e diversas maquinas. Este feito é un indicador evidente: o parón non é puntual, senón que previsiblemente se vai prolongar no tempo.
O parón xa deu pe á rumoroloxía, pero dende MOVENEDA preferimos pensar que existen causas técnicas ou administrativas e que o Goberno galego, o PP local e o goberno do Concello deberían dar explicacións inmediatamente e con transparencia.

Tanto Eladio Romero, que presume reiteradamente das súas "excelentes conexións" coa Xunta e coa Axencia Galega de Infraestruturas, como Martina Aneiros, sempre disposta a fotografiarse por Neda para anunciar proxectos, deben dar explicacións claras:
Que está a ocorrer nas obras da rotonda de Xubia?
Cal é o motivo real desta paralización?
Canto tempo se prevé que dure o parón?
Canto tempo máis deberán soportar os veciños e veciñas as molestias e inseguridades derivadas desta situación?
Pola súa parte, o Goberno do concello deberia estar xa pedindo explicacións.
A cidadanía merece información honesta e precisa. Xa abonda de propaganda electoralista e anuncios baleiros: é hora de responsabilidades e transparencia.
xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |