Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

A oficina de Turismo debería funcionar todo o ano

Visitas: 193

O concello cifra en 2.800 visitantes os que se achegaron á Oficina de Turismo de Neda. Un servizo que se pon en marcha únicamente no verán e porque o financia a Deputación

Unha vez que pasa a época estival, pecha, deixando sen información ós visitantes e peregrinos que veñen tarde, nos meses de outubro e novembro.

O 62% foron peregrinos

A tempada pechou a mediados de outubro cun balance de 2.831 visitantes, o 62% deles peregrinos do Camiño Inglés que pernoctaron no albergue da localidade. En setembro pasaron polo este punto de atención ao visitante 785 persoas, mentres que en agosto o fixeron 900. 

Moveneda propón que abra todo o ano

A apertura durante todo o ano da Oficina de Turismo de Neda é fundamental para potenciar o desenvolvemento económico, cultural e turístico do concello.

Neda é unha parada estratéxica no Camiño Inglés, unha ruta cada vez máis frecuentada por peregrinos nacionais e internacionais en calquera época do ano.

Manter a oficina aberta todo o ano permitiría ofrecer información actualizada, promover as visitas ós recursos patrimoniais, naturais e gastronómicos do noso concello, e apoiar así ó pequeno comercio e á hostelaría local. Ademais, garantiría unha atención continua aos visitantes e reforzaría a imaxe de Neda como destino acolledor e preparado.

O turismo non debe limitarse ao verán: cada estación ofrece oportunidades únicas para descubrir o territorio e dinamizar a economía. Pechar a oficina parte do ano supón perder visitantes, visibilidade e ingresos. A continuidade do servizo é, polo tanto, un investimento de futuro para Neda e para a proxección do Camiño Inglés como ruta viva e activa todo o ano.

Na estación do tren ou na Casa de Augas

Aparte de propoñer extender o servizo da oficina todo o ano, MOVENEDA tamén lanzou a idea de pedir a ADIF a transferencia ou cesión da Estación do Tren, ou á Mariña da Casa de Augas, e situar nun deses edificios dita Oficina Permanente de Turismo.

Como sempre, o goberno de Alvariño négase a debater calquera proposta ou idea que non saia deles.

Nula información á oposición

Tamén xa é usual que a concelleira de turismo non facilite á oposición un informe detallado. Este ano volveremos reclamalo.


Etiquetas:

cultura, comunicados de prensa, goberno de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.