Van case dous anos de espera dende que os veciños na Volta do Poulo pediron un paso de peóns para millorar a seguridade na zona.
Dende MOVENEDA pedimos tamén que aproveitasen as obras para mellorar tamén as barandillas e as beirarrúas da contorna, quitando barreiras arquitectónicas.
As administracións competentes xa diron o visto bon ao proxecto do Concello hai agora xusto un ano, pero o goberno municipal foi incapaz de poñelo en marcha.
Cales son as excusas para que esta obra non estea xa feita??
A última novidade é que o Concello de Neda recoñece que o lugar inicialmente designado non era axeitado e que “se equivocó de sitio”. Agora din que van movelo máis arriba do lugar inicial e hai que volver a pedir permisos, hai que reiniciar todo o procedimento. Dous anos perdidos.
A ocurrencia luminosa do alcalde é que a carretera pase a "competencia municipal hasta la Muchiqueira”. Alvariño non da pintado as raias dun paso de peóns e quere xestionar unha estrada autonómica, Deus nos libre!!
Os veciños de Neda non merecemos un goberno que xoga coa seguridade viaria, incapaz de proxectar e xestionar un paso de peons.
moveneda, xunta de galicia, comunicados de prensa, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |