Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Peche total pola gripe aviar: as claves

Visitas: 232

Tal e como xa informamos hai uns dias, o goberno ven de tomar progresivamente medidas ante o avance da gripe aviar. Primeiro foron peches da cabaña avicola por concellos e provincias, pero agora é un peche total

Que está a pasar?

O goberno español activou medidas de emerxencia ante o repunte dos brotes de gripe aviar (virus H5N1) en Europa e España. A detección de varias explotacións infectadas, xunto con aves silvestres migratorias afectadas e que espallan a enfermidade, eleva o risco de propagación. 

Que ordes deron as administracións competentes?

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación declarou o confinamento obrigado de todas as explotacións de aves de corral criadas ao aire libre. A orde, publicada no Boletín Oficial do Estado, inclúe granxas ecolóxicas, para autoconsumo e aquelas que venden directamente ovos ou carne. 

Tamén se prohibe convivir especies como patos ou gansos con outras aves, o uso de auga de fontes que poidan estar contaminadas por aves silvestres sen tratar, e celebracións con aves (feiras, exposicións, eventos culturais). 

Se non é posible encerrar totalmente as aves, as autoridades poden permitir que estean ao aire libre só se se instalan redes ou dispositivos que impidan o contacto con aves silvestres. 

Por que se pecha a poboación avícola?

A razón principal é evitar o contacto entre aves domésticas e aves migratorias infectadas, que son un vector clave para o virus.  A gripe aviar é altamente contaxiosa entre aves e pode causar graves perdas nas granxas, polo que se toman estas medidas para reforzar a bioseguridade. 

Canto pode durar esta situación?

Non se fixo público un prazo concreto para o fin do confinamento. Segundo o Ministerio, as medidas son temporais e preventivas, pero dependerán da evolución dos brotes e do risco epidemiolóxico. 


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, comunicados de prensa


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.