Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Petición de información sobre VIAQUA ó goberno do Concello

Visitas: 266

MOVENEDA rexistrou no concello duas solicitudes de informacion. A primeira delas referida aos contratos e a documentacion adicional dos Concello de Neda con VIAQUA

Reclamamos ve-lo contrato de VIAQUA para saber exactamente que obrigas ten esa empresa. MOVENEDA opina que, á vista das condicións recollidas neses contratos, é posible que a concesionaria VIAQUA deba asumir parte ou incluso todos os gastos derivados do mantemento e inversións na rede.

Ocultación de información

O alcalde Alvariño leva máis de 10 anos agochando ós veciños e os representantes dos veciños o contrato de VIAQUA, unha información que por lei esta obrigado a dar á oposición.

Foi por isto que MOVENEDA xa denunciou o asunto várias veces á Valedora do Pobo e da que obtivemos respaldo á nosa demanda. Lamentablemente o alcalde, non so segue a desobedecer as várias resolucións da Valedora, senon que tamén falta a súa propia palabra, posto que no pasado pleno de setembro, respondeulle a nosa compañeira Neiva Tristão que lle ia facilitar a documentación.

Contrato de aluguer do camión de recollida de Basura

Tamén rexistramos unha solicitude para coñecer o contrato de aluguer do camión de recollida de basuras coa empresa AUTOMOCION VILAR DO COLO SL


Etiquetas:

goberno de Neda, Valedora do Pobo


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.