Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Todos os grupos politicos de Arteixo aproban por unanimidade esixir solucións ante o colapso do SAF

Visitas: 201

O pleno do Concello de Arteixo aprobou por unanimidade reclamar medidas urxentes para garantir o funcionamento digno do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), ante a grave situación que atravesa este servizo esencial.

A corporación municipal coincidiu na necesidade de esixir solucións que permitan garantir tanto a atención ás persoas dependentes como unhas condicións laborais dignas para as traballadoras, nun contexto marcado pola falta de persoal, a desorganización e a precariedade estrutural.

Esta situación non é un caso illado. Nos últimos meses, traballadoras do SAF en distintos concellos galegos levan denunciando a falta de planificación, a sobrecarga laboral e a ausencia de substitucións, factores que poñen en risco tanto a súa saúde como a calidade da atención prestada ás persoas usuarias.

O acordo unánime en Arteixo pon de manifesto unha realidade que MOVENEDA denuncia reiteradamente: En Neda, as traballadoras do SAF sofren tamén condicións laborais precarias, contratos inestables, sobrecarga de traballo e unha organización deficiente do servizo, consecuencia directa dun modelo baseado na privatización a costa da calidade do servizo e dos dereitos laborais.

O SAF ESTÁ INFRAFINANCIADO

Tal e como temos advertido, este problema ten unha raíz estrutural: a insuficiente financiación do SAF por parte da Xunta e Goberno Central. Tamén influe profundamente o modelo privatizado que permite ás empresas concesionarias gañar beneficios indecentes mentres precarizan ás traballadoras e deterioran a atención ás persoas dependentes. Esta realidade está a provocar un deterioro progresivo dun servizo esencial, sostido fundamentalmente polo esforzo e o compromiso dun colectivo laboral maioritariamente feminino e invisibilizado.

O caso de Arteixo confirma que a precariedade, explotación e irresponsabilidade política que sofrimos Neda non é unha excepción, senón parte dun problema xeralizado en toda Galicia. A unanimidade política en Arteixo concello evidencia que a situación é insostible e require medidas inmediatas, incluíndo un financiamento adecuado, a garantía de condicións laborais dignas e unha xestión publica orientada ao interese dos veciños e non ao beneficio privado dos ricos.

EN DEFENSA DUN SERVIZO 100% PUBLICO

Desde MOVENEDA reiteramos o noso compromiso coa defensa das traballadoras do SAF e dos usuarios, e esiximos ao goberno de Neda que deixe de mirar cara outro lado e actúe con responsabilidade para garantir un servizo digno, público e de calidade, empezando por non cometer o mesmo erro de volver privatizar o servizo: en Neda é absolutamente necesario remunicipalizar o SAF.


Etiquetas:

feminismo e igualdade, loita obreita, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.