Como é tradición dende os gobernos de Feijoó, Rueda e o PP entregan nestas datas un "aguinaldo" á prensa. Son case dous millóns de euros de cartos públicos practicamente a dedo, en subvencións en "réxime de concorrencia non competitiva".
Isto quere dicir que toda empresa que cumpla os requisitos ten dereito a cacho, repartido segundo "criterios obxectivos" como difusión, uso do gallego o contido relacionado con Galicia. Os agraciados por esta pedrea de cartos públicos son empresas da prensa escrita, medios dixitais e emisoras de radio. Todo empresas privadas.
As "condicions" da subvención que fixa o goberno do PP están especialmente deseñadas para excluir das axudas aos medios "non son da corda do PP" como Praza.gal ou Nós Diario, que publica só en galego.
A prensa en papel é a que mais tallada leva, 1.255.000 € que se reparte asi:
Adicados ós medios dixitais, a Xunta reparte un total de 454.260,41 € onde os que máis reciben son:
Outro exemplo destas prácticas para mercar un trato de favor é o Concello de Neda, que oculta baixo a excusa de campañas de publicidade institucional o que realmente é propaganda electoralista, partidista e personalista. Por exemplo, Neda pagou á La Voz de Galicia as seguintes cantidades:
Aparte, Radio Voz recibiu nestes catro anos un total de 3.596€. Isto fai un total de 24.623€ so na Voz de Galicia. Por poñer en contraste, o goberno de Neda so invertiu 13.000 euros en axudar a autónomos e empresas de Neda afectadas polo COVID.
As subvencións con diñeiro público a medios privados deturpan a independencia informativa e corrompen a democracia: crean dependencia do poder, favorecen a quen xa é grande, reducen o pluralismo político e fomentan o caciquismo e o clientelismo. Os cartos públicos debe garantir medios públicos fortes, non rescatar negocios privados.
xunta de galicia, comunicados de prensa
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |