Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

PRECAUCION: niño de velutina activo na Área da Cobeluda

Visitas: 46

Veciños avisan da presenza dun niño de velutina nunha das arbores preto do río. Xa está visado o 012, pero rogamos teñades a máxima precaución, en especial coa rapazada: lembrade que estas vespas son sensibles ós ruidos e as vibracións e as sinten como unha ameaza.

QUE FACER SE ATOPAS UN NIÑO

  • Non te achegues: respecta sempre un radio de seguridade de polo menos 5 metros.
  • Non o provoques: non golpees o niño, non tires pedras nin use insecticidas caseiros nin lume. Farás que reaccionen agresivamente.
  • Avisar aos profesionais: contactar co 012 para activar o protocolo de destrución. 

COMO ACTUAR ANTE UN ATAQUE

  • Fuxe rápido: se as avespas están alarmadas e comezan un ataque, corren na dirección oposta inmediatamente.
  • Busca refuxio: Refuxio nun edificio, un coche pechado ou unha zona de vexetación moi densa.
  • Protexe a cabeza e a cara: cubra as zonas sensibles, especialmente os ollos, mentres fuxes.

COMO ACTUAR NUNHA PICADURA

  • Limpa-la zona con auga fría e xabón neutro.
  • Aplicar calor ou frío para baixar a dor e calmar o efecto do veleno.
  • Controlar os síntomas e controlar se desenrola unha reacción alérxica grave.
  • Chamar ao 112 ou acodir as urxencias se notas un afogamento, erupcións xeneralizadas ou mareos.


Etiquetas:

moveneda, ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.