Esta mañá deu comezo a primeira xornada de folga convocada polos sindicatos CIG, UGT e CCOO no transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña.
A folga afectará tanto o transporte interurbano coma o escolar, e esténdese tamén aos días 12, 15 e 19 de decembro. Por orde da administración, establéceronse unha servizos mínimos para certos transportes esencials como os traxectos escolares en determinadas franxas horarias.
Con todo, nalgúns concellos (como Santiago de Compostela) os piquetes impediron a saída dos buses ó considerar abusivos os servizos mínimos impostos pola patronal e a Xunta.
A convocatoria denuncia a paralización da negociación do convenio colectivo, demandando melloras salariais e laborais tras anos con condicións que consideran insostibles.
Dende MOVENEDA apoiamos á folga e a loita dos traballadores pola millora das súas condicións laborais.
galicia, loita obreita, ferrolterra, xunta de galicia
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |