Xa esta dispoñible o video do Pleno Extraordinario de Outubro, celebrado o pasado luns 27-10-2025.
Podedes acceder ós videos dos plenos na canle de Youtube do Concello de Neda facendo click eiquí
Os videos dos plenos anteriores ó ano 2020, cando o goberno de Alvariño se negaba a grabalos, os grababa Moveneda polos seu própios medios e están disponibles na nosa canle de Youtube: click eiquí
Dende a súa entrada no concello en 2015, Moveneda abogou sempre pola grabación dos plenos. Esta proposta tivo moita máis loxica aínda cando o alcalde decidiu, co apoio dos seus socios de goberno BNG e CG, trasladar ó plenos das tardes ós luns pola maña. Esta medida ten como intención dificultar a participación dos veciños nos plenos, evitando testigos dos debates e as votacións, sobre todo do punto máis interesante, o turno de Rogos e Preguntas, onde a oposición que traballa exerce a laboura de control ó goberno,
Foi ahí cando Moveneda decidiu grabar os plenos polos seus propios medios e publicalos. Tardamos dúas lexislaturas para que o alcalde, obrigado pola lei, dispuxera por fin dos medios necesarios para graba-los plenos.
Cabe destacar os videos que graba o concello sempre tiveron unha calidade de son pésima. Dende Moveneda xa elevemos unha queixa várias veces e dende o goberno seguen ser facer nada. Esta pésima calidade de son dificulta poder escoitar as intervencións e convirten os videos dos plenos nun suplicio.
Lamentamos que dende o goberno de Alvariño se continúe nesa liña de dificultar a transparencia e a participación dos veciños na vida pública do concello.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |