O contrato da recollida de enseres e voluminosos o leva a empresa Transportes Benigno Rodríguez. A concesión atópase caducada dende hai anos, pero se prorroga mes a mes.
O pasado martes 5 de novembro, cando chegaron a Recinor, a planta que xestiona este tipo de residuos, atopáronse coa sorpresa de que non podían face-la descarga porque se lles esixe unha documentación que debe ser proporcionada polo Concello de Neda.
Ese mesmo día, os traballadores da empresa notificáronlle o concelleiro responsable do servicio, Ángel García Cordero, esta problemática.
A resposta, ao día seguinte, foi: “O vai preparar o alcalde, xa se vos avisará”.
Tiveron que pasar 17 días, e un pleno de por medio, para que a empresa obtivese o documento que “estaba a preparar o alcalde”.
Nese pleno, MOVENEDA advirteu o alcalde que esperaban non atopar que a empresa amiga do goberno municipal, VÁZQUEZ GARZÓN, realizase o traballo pisando o percorrido que lle corresponde facer a Transportes Benigno Rodríguez.
Por desgracia, as sorpresas no remataron aquí, xa que, na xornada do martes 3 de decembro, os traballadores de Transportes Benigno Rodríguez volveron a atoparse en Recinor coa negativa a poder descargar os resuiduos aducindo, desta volta, que lles faltaba outro documento distinto e adicional.
O curioso deste caso e que, dende o o dia 5 de novembro ate o 3 de decembro, a empresa amiga do goberno municipal, Vázquez Garzón, si puido facer a recollida e a descarga en Recinor xa que SI contaban coa totalidade da documentación requerida e facilitada puntualmente polo concello.
Todo isto incumple o acordo do ano 2009, do cal facilitamos unha imaxe, no que os enseres e os traballos que queden incompletos, se deixarán para o seguinte día habilitado para este servizo.
Por todo isto, esiximos do Goberno de Neda o alcalde Angel Alvariño:
ALTRI, comunicados de prensa, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |