Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

RECINOR deixará de recibir os voluminosos de Neda

Visitas: 379

A partir do 1 de xullo a empresa RECINOR deixará de recibir os voluminosos da Mancomunidade, feito polo cal a empresa Benigno Rodriguez, concesionaria deste servizo no noso Concello de Neda, deberá ir a depositar os enseres recollidos a As Pontes, onde ten o punto limpo COREGAL, a nova empresa adxudicataria do contrato coa Mancomunidade.

Isto vai redundar no empeoramento do servizo prestado, xa que o maior desplazamento ata As Pontes para o vaciado do camión, implica ter menos tempo para a recollida dos enseres.

Todo isto ben a refrendar a nosa postura de sempre, posto que dende MOVENEDA apostamos polo Punto Limpo de Vilar do Colo, xunto con Fene, Mugardos e Cabanas, e que o goberno de Ángel Alvariño desbotou a integración nel.

Nota:
Os veciños e veciñas de Neda poden seguir indo a depositar os seus  refugallos de xeito particular a RECINOR en Catabois igual que ata o de agora.


Etiquetas:

concello de Neda, goberno de Neda, servizos municipais

RECINOR deixará de recibir os voluminosos de Neda

outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.