Estes días puidemos ler as "explicacións" que deu a Xunta de Galicia pola paralización e retrasos nas obras da rotonda en Xubia, dicindo que foi por causa das choivas e o mal tempo. Pois hoxe xa puidemos comprobar que retomaron o traballo, ainda que o millor non escolleron o día máis acaído.
Agardamos que desta vez, todo vaia sen atrancos nin dilacións e que os veciños deixemos de padecer canto antes as molestias asociadas á obra.
O que si esiximos dende MOVENEDA é unha dotación fundamental para a seguridade viaria: o paso de peóns do Poulo, reclamado polos veciños e veciñas dende hai anos, especialmente para garantir a seguridade dos viandantes e dos cativos.
Esta actuación, na que están implicados tanto a Xunta de Galicia como o Goberno de Neda, acumula xa un atraso de máis de catro anos, sen avances reais nin prazos definidos.
Dende MOVENEDA esiximos a ambalasdúas administracións que se deixen de excusas e se poñan xa a traballar pola seguridade dos veciños antes de que aconteza unha desgraza.
xunta de galicia, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |