MOVENEDA celebra que cada vez sexan máis os concellos que recuperan a xestión directa do Servizo de Axuda no Fogar e volve pedir ao goberno de Neda abrir un debate sobre o modelo que queremos para Neda.En febreiro, MOVENEDA presentou a proposta alternativa para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en Neda: a súa remunicipalización mediante unha empresa municipal de coidados.
Daquela puxemos como exemplo o Concello de Rota, gobernado polo PSOE, que acababa de reverter o servizo. Hoxe podemos engadir un exemplo máis, e vén dun signo político ben distinto.
O Concello do Porto de Santa María, gobernado polo Partido Popular, anuncia que a empresa municipal SuviPuerto asumirá a xestión directa do Servizo de Axuda no Fogar cando remate o contrato coa actual adxudicataria. Un servizo cun orzamento de 5,4 millóns de euros, que atende a 400 persoas e dá emprego a unha plantilla de 140 traballadoras. A decisión foi explicada persoalmente ao cadro de persoal e sometida a votación nunha asemblea de traballadoras, que a apoiaron.
Dende MOVENEDA levamos tempo defendendo que a remunicipalización non é unha bandeira ideolóxica nin unha ocorrencia de ninguén. É unha ferramenta de xestión que gobernos de moi distinto signo están a escoller porque, sinxelamente, funciona mellor.
O PSOE remunicipalizou en Rota. O PP remunicipaliza no Porto de Santa María. O fan porque chegaron á mesma conclusión desde puntos de partida opostos: cando o servizo se xestiona directamente, mellora a atención ás persoas usuarias, gáñase estabilidade laboral e o diñeiro público aproveitase mellor.
CADA EURO QUE NON VAI O PETO DA EMPRESA, CHEGA ÓS VECIÑOS E TRABALLADORESO argumento de fondo é simple. Nun servizo adxudicado a unha empresa privada, unha parte do diñeiro público non se destina a coidar a ninguén: destínase a manter a marxe de beneficio da concesionaria.
Un custo oculto que págase dúas veces: unha, nos cartos non se destinan á atención; outra, en condicións laborais precarias porque parte dos beneficios empresariais son os salarios roubados ás traballadoras.
Un goberno resposnsable, moito máis se di ser de esquerdas, debe destinar o 100 % dos recursos públicos ao que deben estar destinados: ás persoas maiores, ás persoas dependentes e a quen as coida.
En MOVENEDA somos construtivos. Externalizar un servizo esencial é, na práctica, admitir que non se é quen de xestionalo desde o público. É delegar nun terceiro unha competencia propia, renunciar ao control directo e conformarse con supervisar de lonxe o que se debería estar dirixindo.
E resulta especialmente difícil de explicar que un goberno que se reclama de esquerdas defenda o modelo ultraliberal de privatizalo todo, moito máis cando incluso concellos gobernados pola dereita van na dirección oposta
O goberno de Alvariño debe dar unha explicación á veciñanza.
A NOSA PROPOSTAMOVENEDA non vén hoxe a reprochar nada: vén a propoñer, e a facelo coa man tendida.
Defendemos para Neda un SAF 100 % público, xestionado a través dunha empresa municipal de coidados, con control democrático, transparencia e planificación centrada nas necesidades reais da veciñanza:
📌 Que se abra unha mesa de traballo sobre o futuro do SAF, coa oposición municipal e coa participación da veciñanza.
📌 Que se estuden con rigor os custos reais dos dous modelos, o privatizado e o de xestión directa, e que ese estudo sexa público.
📌 Que se consulte ás traballadoras do servizo, como se fixo no Porto de Santa María, porque son quen mellor coñece o que funciona e o que non.
📌 Que se solicite o apoio técnico e o financiamento necesarios á Deputación da Coruña e á Xunta de Galicia para facelo posible.
Pedimos que se debata e estude a proposta co mesmo interese co que a estudaron noutros concellos. Queremos un mellor servizo para os nosos maiores e unhas condicións dignas para as traballadoras.
feminismo e igualdade, xunta de galicia, comunicados de prensa, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |