Celebramos esta pasada fin de semana, o noso proceso de eleccions #primarias para elaborar a candidatura electoral para as municipais de Maio. Poidose votar en dous turnos habilitados de maña e tarde. Participaron medio cento de veciños e veciñas, entre eles compre salientar o voto de varios menores de 18 anos, xa que abrimos os mozos e mozas de mais de 16 anos a participacion neste proceso interno.
Os resultados aproban o traballo feito na pasada lexislatura xa que ratifican a Juan Carlos Pita, como candidato a alcaldia, logo de exercer como voceiro do grupo municipal estes ultimos tres anos.
O proceso, con sistema de listas abertas, situou no numero dous da lista ao outro concelleiro do grupo municipal #CarlosCaaveiro. Victoria Rodriguez, alvaro Seco e angeles Sanchez ocuparan os postos do tres o cinco. O resto da lista para as municipais se reconfigura e reforza con novas incorporacions ao equipo como Maria Teresa Perez Grueiro, Neiva Tristao, Patricia Castro e Raquel Barro.
Dende xa nos poñenos a traballar na organizacion da recollida de avais, xa que o non sermos un partido, a Lei Electoral vixente penaliza a participacion politica directa dos veciños e esixe, ao igual que hai 4 anos, a recollida de cen sinaturas como aval para a presentacion da candidatura.
Esta recollida de sinaturas probablemente tera lugar a vindeira semana. Das data concretas vos manteremos informados, xa que esperamos contar coas vosas sinaturas para concluir o proceso de formacion da candidatura.
moveneda, eleccions municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |