Celébrase as 12:00 horas no Concello de Neda a reunión da Comisión de Area de Educación, Cultura, Turismo e Patrimonio Histórico presidida pola concelleira do Grupo Mixto, Cristina Bouza.
Na reunión, entre outros temas, vaise tratar levar a funcionamento a mocion presentada por MOVENEDA para dar cumprimento a Lei de Memoria Histórica no noso concello. Para elo, imos presentar unha proposta pra a composición da Comisión de Estudo que se vai constituir e para as labouras a levar a cabo.
Para esta Comisión, Moveneda proporá que a presidencia sexa ocupada polo Alcalde ou o concelleiro delegado de área. Tamén que se integre, coma parte da comisión, un representante por cada grupo municipal que votou favorablemente a moción. Coma experto e apoio académico e historiográfico MOVENEDA propón a Don Eliseo Fernandez, historiador e presidente do Ateneo Ferrolán, que xa ten publicado, xunto con Carlos Castro, varios artigos na #RevistaDeNeda; e a Doña Mª Teresa Pérez Grueiro, veciña de Neda e representante da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, entidade que xa organizou actividades no concello e no instituto.
MOVENEDA vai propoñer que esta comisión elabore un estudo da situación e dos vestixios fascistas aínda presentes no noso concello e que se fagan actos públicos para explicar os motivos da retirada.
Asimesmo, MOVENEDA cree necesaria a implicación da mocidade, por iso instaremos á concellería a contactar co departamento de Historia do IES Fernando Esquío para que colaboren coa comisión e se organicen actos no centro, como xa se fixo anteriormente.
memoria histórica, moveneda, comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |