Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

A obra da rotonda de Xubia vai para largo: Exemplo de improvisación chapuceira

Visitas: 628

Dos asuntos que sairon a debate no Pleno Ordinario do pasado luns 26 estivo o das obras da rotonda de Xubia. O goberno municipal nos comunicou que, tras consultar coa empresa adxudicataria da obra, esta lles di que "esa é un ha zona moi inundable,e que non daban traballado, por eso está todo parado hasta que se solucione ese tema". 

Se facedes un esforzo, o millor podedes escoitar e entender as explicacións do alcalde no minuto 43:25 do video do Pleno.

Exemplo de improvisación chapuceira

Este é un exemplo de como os intereses partidistas, neste caso do PP para favorecer o seu candidato local, resultan nunha obra mal planificada e chapuceiramente executada. Se pensaban facer nunha operación de marketing político, para fachendar das súas capacidades de xestión, a verdade é non lles está a sair moi ben.

Os veciños e veciñas, junto a todos os que circulamos por Xuvia, imos ter que seguir aturando unhas molestias innecesarias durante algúns meses máis dos que prometeu o PP e a Xunta: lembrade que dician que o prazo de execución ían ser 5 meses.


Etiquetas:

xunta de galicia, concello de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.