O Concello de Neda acometeu no mes de novembro obras de limpeza do cauce do Río Basteiro. Unha pala fixo extracción de materiais do cauce e as beiras.
Dende MOVENEDA pensamos que era moi necesaria a reordenación do cauce de cara a evitar as inundacións de anos pasados, pero coidamos que un goberno municipal verdadeiramente responsable debe acometer este tipo de traballos dende unha perspectiva máis global.
É necesario un plan integral a vários anos vista, que actue eliminando os tapóns en certas partes do río, coma os canos vellos inutilizados e as pontes estreitas; que respecte o valor ecoloxico e a función natural do río; que reodene a paisaxe e poña en valor a zona; con rutas ben sinalizadas e un paisaxismo axeitado que sirvan como atraintes pra os visitantes e veciños.
Agardamos que coa chegada do "informe do técnico que encargou o concello", vexamos todos estes puntos concretados nun documento real que poidamos usar todos os grupos municipais pra acordar as necesarias accións a longo prazo.
Dende MOVENEDA rexeitamos as políticas curtoplacista de tapar furados que esta a levar a cabo este goberno tripartito e apostamos por consensuar entre todos os veciños politicas globais a longo prazo.
moveneda, ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |