Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Será este o terceiro ano sen A Cobeluda?

Visitas: 78

Estamos a mediados de maio e, unha vez máis, dende MOVENEDA temos que preguntarlle ao goberno do Concello de Neda: ¿vai ser este o terceiro ano consecutivo sen chiringuito na Área Recreativa da Cobeluda?

UN HISTORIAL DE INCOMPETENCIA

En 2023, o alcalde Alvariño licitou a concesión do servizo de bar da Cobeluda por apenas 145,20 euros ao ano, nun proceso que MOVENEDA xa denunciou como pouco transparente, sen publicidade axeitada e sen convidar a ningunha empresa local. En 2024, prometeu no pleno que se ía licitar en tempo e forma. Fíxose unha licitación, pero o chiringuito non abríu. En 2025, volveu prometer o mesmo no pleno. Resultado: nin informaron, nin publicaron licitación, nin fixeron absolutamente nada. 

Nas tormentas do inverno producíronse desperfectos, dos que informamos ó Concello. A día de hoxe, non foron amañados.

A Cobeluda pasou outro ano pechada e deteriorándose se mantemento.

QUEREMOS SABER 

Agora chegamos ao verán de 2026 e non temos constancia de que o goberno municipal teña feito xestión ningunha ao respecto. Por iso, MOVENEDA vai trasladar formalmente ao goberno de Neda as seguintes preguntas:

  • ¿Vai licitarse debidamente o servizo do chiringuito este ano, con publicidade suficiente, prazos axeitados e transparencia
  • ¿Que actuacións de mantemento, reparación e mellora ten previstas para a área recreativa, que acumula desperfectos documentados nas instalacións, tellados e canaletas?
  • ¿Que plans de promoción e dinamización ten o goberno para un dos puntos de maior atractivo turístico e de lecer de Neda e da comarca de Ferrol?

Dende MOVENEDA faremos seguimento desta cuestión e informaremos das respostas que recibamos, se é que recibimos algunha.

UN RECURSO DE LECER DESAPROVEITADO

A Cobeluda é un recurso de lecer de primeira orde para a veciñanza de Neda e para os visitantes da comarca de Ferrol. Un espazo natural de alto valor que xa foi destacado pola prensa entre as mellores praias fluviais da contorna.

Nembargantes, o goberno de Alvariño leva anos incapaz de xestionala con un mínimo de competencia, planificación ou ambición.

Outros concellos sí son quen de manter e promocionar os seus recursos naturais. En Neda, en cambio, temos un goberno que non é nin capaz de licitar un chiringuito.

A Cobeluda merece moito máis.
Os veciños de Neda merecemos moito máis.


Etiquetas:

comunicados de prensa, plenos, servizos municipais


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.