Hoxe soupemos pola prensa que esta prevista unha reunión da Xunta de Portavoces dos grupos municipais para este vindeiro venres 22 de agosto. Nada como a presión para que o alcalde faga o que xa deberia ser normal, ante un asunto grave como o corte da auga: informar e dar explicacións.
Este é o primeiro paso da lista de esixencias de MOVENEDA: o seguinte é que o alcalde informe ós veciños afectados e se tomen medidas. Segundo o anunciado, esta segunda asamblea sera despois de recibir o informe encargado a VIAQUA. Este venres preguntaremos o alcalde cando estima que estara listo ese informe.
Con este ultimo incidente da auga, quedou claro que o goberno de Alvariño é unha enorme máquina de non facer nada. Non facer nada e o seu traballo. Todo vai ben mentres outros lles fan o traballo. Os presupostos do concello? Os fai un administrativo. Problemas legais? Subcontratamos un abogado. Facer propaganda? Contratamos un periodista. Unhas festas? Subcontratadas. A xestión da auga? Subcontratada a Viaqua. O concello é una enorme subcontrata e cando chegan os problemas ninguén sabe de nada, ninguén sabe que facer e ninguén da a cara.
O alcalde, que sempre está rápido para saír na foto, botou tres días desaparecido como a auga de Neda.
moveneda, concello de Neda, goberno de Neda, Valedora do Pobo
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |