O desmedido aumento na factura do lixo puxo estes días de pé aos veciños de Cangas do Morrazo, en Pontevedra. A tensión foi tan alta que varios concelleiros quedaron atrapados fóra da sesión plenaria, e a Garda Civil tivo que intervir.
Veciños e propietarios de negocios concentráronse para protestar polo brutal aumento da taxa de basura aplicado polo goberno do BNG, que nalgúns casos duplicou as súas facturas.
"Isto é inviable para os autónomos. O aumento é abismal", quéixanse. Algúns negocios antes pagaban 1.400 € e "agora imos pagar 3.280 €". A hostalería "paga o triplo", quéixanse. "Non pode ser un aumento tan drástico".Segundo os cálculos da patronal, o comercio en xeral pasará de pagar 87 a 200 euros anuais, mentres que outros sectores sufrirán incrementos "moito máis drásticos".
FECIMO tamén cuestiona a metodoloxía de cálculo, que penaliza os metros dos talleres, incluidos os almacéns, e fixa a taxa en hostelería segundo o número de camas ou prazas, sen ter en conta a estacionalidade nin o tamaño real do negocio.
Os veciños da localidade están enfadados, pero este novo imposto sobre o lixo debe aplicarse este ano en todos os concellos de España. Por iso, dende a pasada primaveira, algúns concellos levan informando gradualmente aos seus veciños sobre a introdución deste imposto obrigatorio a partir de abril, ao abeiro da Lei de Residuos de 2022, que á súa vez deriva dunha directiva europea.
La Voz de Galicia:
"El bar con comida que menos pagaba por la basura, 107 euros al año, tendrá que abonar ahora 1.236. Es una de las subidas que recoge la ordenanza fiscal que acaba de aprobar la Mancomunidade do Morrazo y que ha alterado los ánimos. Más allá del episodio violento que protagonizaron un grupo de vecinos la medianoche del lunes, con agresiones a concejales que tuvieron que ser protegidos por la policía, el conflicto ha generado un fuerte malestar en la comarca, como prueban las más de 8.000 firmas recogidas por la Federación de Comerciantes e Industriales, Fecimo.
Los gobiernos locales de Cangas, Moaña y Bueu han empezado una ronda de explicaciones con colectivos después de ejecutar la subida entre fuertes quejas por la falta de diálogo previo. El próximo día 22 habrá una reunión con los hosteleros. «Llega tarde, deberían habernos convocado antes», dice Gustavo Soliño, presidente de Areca, la asociación de restauradores cangueses. «Lo peor es que no ha habido diálogo social, no nos convocaron en su día y no nos dejaron pasar al salón de plenos», añade. No está en contra de que se suban los impuestos, pero entiende que debe hacerse gradualmente.
La presidenta de FECIMO, Carmen Pereiro, señala que fueron ellos los que solicitaron una reunión el día 19 de septiembre: «Nos la dieron para el día 8 de octubre, cuando tenían pesando aprobarla el día 2». Ahora está pendiente de reunirse con los asociados para estudiar la situación."
Na táboa seguinte se reflicten as novas taxas de basuras en O Morrazo, estimadas en euros anuais, en función do tipo de establecimento. O recibo das vivendas case se duplica, ó pasar de 67,8 a 126 euros; o de moitos bates e locais de hostelería pasa de 570 a 2.908; nos restaurantes máis grandes suben de 628 a 2.908 euros; os hoteis de 50 plazas pagaban 643 e agora desembolsarán 3.400.
A presidenta da Mancomunidade do Morrazo e alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido (BNG), xustifica a suba "polo aumento da factura de Sogama", que pasa de 5 a 7,8 millóns, e porque "queren millorar o servizo o vindeiro ano".

Tarifas sen actualizar: O servizo actual é moi deficitario, segundo a oposición que encabezan os populares e que tamén mobilizou a Alternativa dos Veciños, o partido da anterior alcaldesa. Pero hai outro motivo engadido: as tarifas levaban conxeladas 17 anos.
Dende o 2008, os sucesivos gobernos da Mancomunidade non se atreveron a subir a taxa. O alcalde de Bueu, Félix Juncal (BNG), asegura que «durante anos os cidadáns do Morrazo se aforraron a suba do lixo». Juncal apoia o incremento para «mellorar o servizo cun investimento de 1.150.000 euros en cada concello para colectores e vehículos». O PP cualifícao de pésimo, e denuncia a existencia de colectores rotos e sucidade.
A ordenanza fiscal ten algúns aspectos que contribuíron ás críticas, como gravar con 200 euros os locais que están baleiros. Tamén ten aspectos que foron aplaudidos, como que as vivendas de uso turístico teñan que aboar 200 euros. Esta categoría non existía na ordenanza anterior, aprobada no 2008. As empresas dedicadas aos aloxamentos son outras das que máis terán que rascar o peto. As pensións, hostais, moteles e casas rurais pagaban ata agora só entre 6,67 e 16,97 por cada cama. Agora pasan a unha cota fixa de 400 euros e 60 euros por praza.
ecoloxía e medio ambente, galicia, xunta de galicia, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |