O taxazo das basuras xa afecta ó Concello de Fene, en aplicación da Directiva Europea 2018/851 e da Lei estatal 7/2022.
Ambalasdúas novas normas obrigan ós Concellos a repercutir na veciñanza os custes reais do servizo de recollida e xestión de residuos e penalizan os modelos pouco eficientes e obsoletos como o de Fene ou Neda.
Á ineficiencia dos sistemas de recollida de residuos dos concellos súmase os problemas que xera o Modelo SOGAMA da Xunta: obsoleto, contaminante e insostíbel. Sogama incinera a metade da basura e acumula en vertedeiros máis dun 30%. Tan só recicla e recupera o 7%. En comparación, a planta de Nostián en A Coruña, é quen de recuper máis do 25% dos residuos.
Taxazo en Fene.A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, do BNG, explica que a suba de taxas ós veciños débese “a decisións políticas e legais derivadas de cambios normativos europeos e estatais" e tamén ás consecuencias da "falta de previsión da Xunta no tratamento dos residuos”.
A alcaldesa de Fene fai como o moitos outros alcaldes: nunca teñen culpa de nada, todo é culpa de axentes alleos. Mentres concello de Fene e Xunta, andan entretidos en lerias botándose as culpas, no medio queda a veciñanza que non lle queda outra que pagar... ou protestar, como fixeron en Cangas.
A alcaldesa de Fene pon como excusa os custes de SOGAMA, e se queixa que só en setembro lles remitiu unha factura que "ascende a 40.000 euros" e que esta cifra desorbitada "obrigou a actualizar as taxas para non comprometer outros servizos públicos”.
A alcaldesa de Fene non conta a verdadeO certo é que as dúas novas normas baséanse nunha idea central clara: “quen contamina, paga”. A intención é incentivar a redución de residuos, aumentar a taxa de reciclaxe e aportar transparencia nos custos reais do tratamento do lixo. Segundo explicou a ministra para a Transición Ecolóxica, o obxectivo é que "cada cidadán sexa consciente do impacto económico e ambiental dos seus residuos e actúe en consecuencia”.
A alcaldesa de Fene non conta ós veciños que hai case tres anos que sabe que coa nova lei cada concello debe ter un imposto específico. Isto significa que non se pode incluír noutros impostos, como o IBI, que agora se usa para facer pagar e calcular o 100% do custo da recollida, transporte e tratamento do lixo. Coa nova lei, os custos deben ser asumidos por veciños e empresas e non poden ser financiados ou subsidiados con cargo ós orzamentos locais.
Esta é a nove realidade. E nin en Cangas nin en Fene, e moito menos en Neda, nos estan a contar as cousas claramente ós veciños. Agora, acurralados pola protestas veciñais, os concellos lémbranse tarde, mal e a rastras de que a millor maneira de frear este tipo de subas é concienciar ós veciños para reducir a xeración do lixo, apostar pola reciclaxe, separar ben os distintos tipos de residuos e modernizando os servizos de recollida para que sexan eficientes.
O Concello de Fene, como o de Neda, vai tarde, mal e a rastras. Isto é evidente polo anuncio da alcaldesa que, agora sí que sí, prevé iniciar "proximamente un plan de substitución paulatina dos colectores, co obxectivo de mellorar o servizo de recollida e facilitar a separación dos residuos na orixe".
Agora que ten o taxazo entiba da cabeza se lembra de "mellorar o servizo de recollida".
A Xunta responde ás acusacións do BNGA Xunta entrou ó trapo das críticas lanzadas dende o Concello de Fene. Contra a acusación (certa) de que SOGAMA é un modelo obsoleto, contaminante e insostíbel, a Xunta responde que a empresa pública ofreceu ós Concellos a posibilidade de acollerse a un canon reducido, sempre que cumprisen os seguintes requisitos:
A Xunta fai igual que o Concello de Fene e rebota as culpas ao Goberno central, pola implantación do imposto ao vertido e á incineración a través da Lei 7/2022.
O goberno de Rueda tamén bota culpas ao concello fenés, xa que a xeración de residuos na localidade foi en notable incremento nos últimos anos, pasando de 4.165 toneladas en 2022 a 4.233 en 2024. A Xunta resalta tamén que o Concello de Fene fixo ben pouco esforzo en concienciacion ós veciños, sinalando que a reciclaxe da bolsa amarela é moi baixa, incluso chegando a baixar das 281,44 toneladas ata as 274,68 no ultimo ano.
O Goberno galego engade, ademais, que “non consta que Fene teña implantado o colector marrón”, obrigatorio por lei desde decembro de 2023, e lamenta a súa participación “case testemuñal” no programa de compostaxe de Sogama.
ecoloxía e medio ambente, galicia, xunta de galicia, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |