Ontes celebrouse na Casa do Concello o que foi o terceiro pleno en menos de mes e medio, cousa bastante pouco habitual.
O 29 de setembro houbo Pleno ordinario (Ver eiqui). Seguiu outro extraordinario o 27 de outubro, para aprobación de modificacions do POS+ e un preaviso de prorroga de contrato (Ver explicacións eiqui e video eiquí).
O que no agardábamos era, tan so 15 dias despois, outro extraordinario.
As explicacións do alcalde para xustificar a urxencia do pleno e "por requisitos da Deputación", que pediu a aprobacion en Pleno para poder meter o proxecto coa modificacion no pleno da Deputacion deste mes, xa que logo, non hai outro ata ben entrado o vindeiro ano.
Para MOVENEDA as explicacións da urxencia son suficientes e parecen xustificadas e votamos a favor, como o resto de grupos. Unha vez ratificada a urxencia do Pleno pasouse ó debate.
Moveneda puido facerse co proxecto, solicitandollo ó arquitecto media hora antes do Pleno. A nosa concelleira pasou o venres polo Concello pero non puido ser recibida polo Arquitecto. Só puido ter a documentación con moi escasa antelación á celebración do pleno.
E isto foi o que lle botamos en cara ó alcalde: o goberno socialista non actúa de xeito democrático, oculta o que fai ós grupos da oposición. Non é de recibo convocar un pleno e pretender que a oposición diga docilmente SI a algo do que non ten información ou ten informacion minutos antes. O alcalde respondeu dicindo que toda "a informacion esta sempre a disposicion dos grupos".
Se non sabemos en que traballa o goberno, qué documentacion imos pedir?O que dixo Alvariño non é certo. Este goberno ten por mala costumbre, e dende hai xa dez anos, de non informar ós representantes dos veciños, dos proxectos nos que está a traballar. Con isto impide que oposición e veciños comúns poidamos aportar peticións, suxerencias, opinións e mesmo coñecer exactamente que é o que fai o goberno do concello. Logo aparece nos plenos con todo xa cociñado e nos pide de digamos SI.
Para MOVENEDA este non é o xeito democratico de gobernar un concello. Por eso, e por no poder analizar e debater internamente o proxecto en detalle, votamos NON.
O proxecto foi aprobado cos votos favorables do grupo do PSdeG, a abstención de PP e BNG e o voto en contra de MOVENEDA.
A nova pasarela será de construcción mixta, coa estructura en aceiro e o paso en madeira. O presuposto é de máís de 200.000 euros, para os cales se pide subvención á Deputación.
Ás 22:00 horas de 10/11, o vídeo do pleno ainda non foi publicado.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |