Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

“Todos somos Polo”: Os bombeiros chaman a unha movilización o vindeiro xoves 26

Visitas: 110

Os Bombeiros de Ferrol convocan á cidadanía a unha concentración o vindeiro 26 de febreiro, ás 18.00 horas na Praza de Armas, baixo o lema “Todos somos Polo”, en apoio ao compañeiro gravemente ferido no incendio rexistrado esta semana no barrio de Recimil, no que tivo que serlle amputada unha perna.

CONVOCAN UNHA CONCENTRACIÓN EN APOIO AO COMPAÑEIRO E PARA RECLAMAR MÁIS RECURSOS

A convocatoria prodúcese nun contexto de forte solidariedade social e profesional, con múltiples mostras de apoio chegadas desde outros parques de bombeiros, colectivos e veciñanza, así como reivindicacións que reclaman melloras no servizo e máis recursos para garantir a seguridade dos efectivos.

O suceso produciuse mentres o corpo de bombeiros xa se atopaba nun período de protestas pola falla de persoal e medios, unha situación que os profesionais levan tempo denunciando e que volveu poñerse no centro do debate tras este grave accidente.

Ó longo destes días, as redes sociais foron enchéronse de mostras de ánimo de numerosos corpos de bombeiros de diferentes cidades e localidades veciñas, de particulares e das reaccións de grupos políticos e sindicatos que reclaman ao executivo local, encabezado por Rey Varela, unha investigación completa e as medidas oportunas, ademais de desexar unha pronta recuperación ás persoas feridas.

PETICIÓNS DE DIMISIÓNS

Nas últimas horas xurdiron diversas voces esixinto a asunción de responsabilidades e dimisións. Así, a sección sindical da CIG no Concello de Ferrol solicitaba a intervención da Inspección de Traballo e a súa participación nas pescudas. A CIG esixe a dimisión do alcalde Rey Varela e das concelleiras de Recursos Humanos e Seguridade, Susana Sanjurjo e Pamen Pieltain, ademais da renuncia do coordinador de seguridade e do xefe de Bombeiros.

Pola súa banda, o Comité Comarcal do PCG emitiu un duro comunicado xunto ó PCE(ml) onde acusan ó goberno de Rey Varela de botar anos deteriorando os servizos públicos mediante orzamentos insuficientes, falla de persoal e ausencia de investimentos estruturais. Responsabilizan ó alcalde e o seu equipo da situación de recortes, ataques e decisións neglixentes. Esixen a dimisión inmediata do alcalde pola súa "manifesta incompetencia", pola súa incapacidade para garantir condicións seguras e pola súa "neglixencia política, que roza o criminal cando o resultado é unha amputación, un dano irreversible, de por vida, para un traballador".

A MULLER DO BOMBEIRO FERIDO ACUSA ó GOBERNO LOCAL DE “NEGLIXENCIA POLÍTICA”

A muller do bombeiro ferido grave no incendio de Recimil, en Ferrol, denunciou publicamente a falta de persoal e medios no servizo e acusou ao goberno municipal de “neglixencia política”. Segundo afirma, a intervención realizouse con efectivos insuficientes tras unha noite de múltiples incidencias polo temporal. 

A muller rebate a versión municipal sobre a atención prestada e asegura que non precisa políticos que se presenten no hospital "para facer o paripé", senón vontade para solucionar as carencias que o colectivo arrastra desde hai anos.

Denuncia que persoalmente non recibiu chamada ningunha do concello e que a do xefe de bombeiros chegou "nin sequera a tempo", lamentando que este último non considerase oportuno avisala do sucedido na madrugada do xoves.


Etiquetas:

loita obreita, ferrolterra, comunicados de prensa, Deputación de A Coruña, FEGAMP e outras institucións


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.