Un traballador da firma auxiliar Indasa resultou ferido este luns no estaleiro ferrolán de Navantia tras sufrir unha caída no dique seco.
De acordo coa información facilitada pola propia Navantia, o ferido -que foi trasladado ao hospital Marcide- permaneceu consciente en todo momento, e a empresa abriu unha investigación para determinar as circunstancias exactas nas que se produciu o suceso. O traballador sofre unha fractura de cadeira e a rotura dun nocello.
Unha vez máis, os traballadores sofren o resultado das xornadas excesivas, das presas, da explotacion e da precariedade que acarrea a subcontratación e o modelo de privatización encuberta que segue a direccion de Navantia e a SEPI.
galicia, loita obreita, ferrolterra, comunicados de prensa
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |