Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Ven vivir a Neda, a onde?

Visitas: 357

A nova campaña ViveEnNeda é brillante e atractiva no formato e felicitamos os seus creadores. Lamentablemente pensamos que non vai ser suficiente se non se toman outras medidas complementarias, porque a problematica da caida e envellecemento da poboacion en Neda ven de lonxe e foi agravada polas escasas e fracasadas medidas adoptadas polos gobernos de Cabezon e Alvariño.

Neda carece de un Plan Xeral de Urbanismo. Na elaboracion do proxecto de PXOUM se investiron mais de 100.000 euros e seguimos sen ter nada. Vai seguirse adiante con ese proxecto?

A realidade de Neda é que o parque de pisos novos é inexistente, e as vivendas dispoñibles son vellas e precisan moitas reformas. Tampouco se fixo nada para modular e apoiar unha baixada os prezos do aluguer, que en moitos casos son claramente excesivos comparados con outros concellos da comarca.

Todo isto fai que lamentablemente moita xente desbote a idea de afincarse en Neda.

Se gastan miles de euros en campañas publicitarias das que non temos unha avaliacion seria do seu impacto e resultados. Eses cartos se puideron empregar en axudas directas para atraer familias ou en crear unha Bolsa Municipal de Vivenda.

Nos ultimos anos o Concello de Neda non tomou ningunha medida de calado para paliar estas eivas. Como en outros temas, dende Moveneda presentamos propostas e ideas o goberno para discutilas, chegar a acordos e implantalas. Por exemplo, propuxemos ampliar as areas de rehabilitacion (subvencionadas pola Xunta) a outras zonas do concello aparte da Rua Real.

Lamentablemente, o silencio, a autosuficiencia, o desprezo e a negativa do grupo de goberno a toda proposta que non saia das suas cabezas condena a este concello a ir esmorecendo pouco a pouco.

#NedaMereceUnEsforzo


Etiquetas:

vivenda, concello de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.