Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Novos verquidos á ría: urxe solucionar a carencia dun saneamento sólido e suficiente

Visitas: 406

Desde MOVENEDA levamos anos denunciando os verquidos ós ríos do concello de Neda e a situación de contaminación da ría de Ferrol. As noticias destes días relativas a novos vertidos de augas residuais amosan, unha vez máis, que este non é un problema puntual, senón un problema estructural que leva anos afectando ao noso concello.

Situación actual

Lamentablemente non é ningunha novidade un vertido como denuncian veciños e a Cofradía de Barallobre. Estes vertidos proceden dunha rede de saneamento insuficiente, mal xestionada polo Concello de Neda e na que a Xunta de Galicia négase a investir.

Un problema histórico, unha solución que non chega

Queremos lembrar que aló por 2018, MOVENEDA xa denunciou verquidos á ría. O Goberno daquela (coalición de PSOE, BNG e CG) e a Concelleira de Medio Ambiente, Begoña Balsa, non fixeron absolutamente nada,

Isto indica que o sistema de saneamento do Concello de Neda padece deficiencias dende hai anos. Este é un problema que nin os gobernos do Partido Popular con Cabezón, nin os seguintes de Alvariño, conseguiron resolver. A repetición periódica deste episodios de verquidos, a degradación continuada da calidade das augas e o impacto sobre o marisqueo e a saúde pública demostran que as solucións parciais e puntuais son claramente insuficientes.

Urxe ir á raiz do problema

Dende MOVENEDA esiximos abordar dunha vez por todas a raíz do problema: solucionar a carencia dun sistema de saneamento sólido e suficiente para evitar vertidos urbanos ou fecais cara aos ríos e a ría. Facemos un chamamento urxente a todas as administracións competentes, especialmente ao Concello de Neda e á Xunta de Galicia, para que cada unha asuma as súas responsabilidades e actúen de inmediato. En concreto:

  • Instamos a que se debata publicamente, coa participación veciñal, do sector marisqueiro e todas as institucións competentes, un plan de saneamento conxunto, coordinado e ambicioso, adaptado á realidade sanitaria e medioambiental da ría de Ferrol e do Concello de Neda.

  • Chamanos a poñerse de acordo de forma inmediata para protexer a ría, os ríos e a saúde das persoas que vivimos en Neda; non hai tempo para máis dilacións.

  • Reclamamos investimentos fortes e estruturais de quen pode e debe facelos: a Xunta de Galicia. Cómpre modernizar redes de saneamento e dotar de medidas reais de depuración. É evidente que este esforzo económico non pode recaer exclusivamente sobre o Concello de Neda.

  • Esiximos transparencia: publicación de prazos, orzamentos e responsables, así como un compromiso claro de manter o control e vixilancia dos vertidos.

Urxe poñerse todos máns a obra

Neda non pode seguir malvivindo cun sistema de saneamento deficiente, nin os veciños, nin o medio ambiente, nin o sector marisqueiro poden permitirse máis episodios de contaminación.

O problema ven de lonxe, é profundo e estrutural. Desde MOVENEDA reclamamos un compromiso firme das administracións para garantir que a ría, os ríos e as augas do noso concello recuperen a calidade, para protexer a saúde pública, os medios de vida de moitas familias e o noso entorno natural.


Etiquetas:

moveneda, ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, goberno de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.