Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.
A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.
Publicamos o video do Pleno Ordinario do Concello de Neda celebrado o pasado 22 de outubro de 2018.
Neste pleno se deu aprobacion as proposta de adxudicacion das licitacions dos contratos de limpeza de edificios e locais municipais. Tamen o contrato do servizo de Axuda no Fogar.
Tamen se votaron varias mocions. Entre elas unha do BNG en apoio as persoas encausadas pola protesta no Pazo de Meiras.
Neste pleno, o Alcalde Alvariño non vetou as mocions de MOVENEDA, como aconteceu no anterior pleno. Debatironse e votaronse as seguintes:
Mocion presentada anteriormente, en concreto en marzo de 2017 e que estaba pendente de votacion, para a modificacion da ordenanza numero 8 para dotar o Concello de Neda de ferramentas legais para cobrarlle un imposto as empresas electricas polo uso do dominio publico.
O PSOE, o PP e CG (Antonio Seijo) votaron en contra, o BNG abstivose. Deste xeito, estes grupos politicos prefiren que Neda quede atras no proceso que seguen concellos como o de Naron ou o de Arteixo (gobernado polo PP) que xa teñen estas ferramentas e que permiten recaudar impostos a estas empresas e asi aliviar os que nos cargan os veciños.
A quen defenden o PSOE e o PP, as electricas ou a veciñanza?
A outra mocion debatida foi a da defensa do sistema publico de pensions. Esta mocion foi presentada pola asamblea comarcal da Plataforma Estatal de Defensa das Pensions Publicas, e MOVENEDA asumiu a sua defensa.
PP e PSOE volveron a poñerse dacordo para rexeitala.
A terceira mocion de MOVENEDA pedia que nos procesos de contratacion do Concello se incluisen nas valoracions de ofertas criterios sociais, medioambianentais, etc e non so se valore o factor prezo.
Entre outras cousas pediamos que se valorase positivamente que as empresas licitadoras tivesen maioria de contratos fixos, maioria de contratos a tempo completo, que cumplisen a paridade de xenero, que non tivesen despidos improcedentes ou non contratasen a traves de ETTs. Todo medidas para protexer ao persoal das mesmas, que en definitiva son tamen parte da veciñanza do Concello.
Tamen pediamos que se valorase positivamente nos procesos de contratacion cuestions medioambientais, e mesmo que as empresas estiveses dotadas e aplicasen procedimentos de normalizacion linguistica.
PP e PSOE votaron en contra.
Rogos e preguntas
Por ultimo no turno de rogos e preguntas, MOVENEDA volveu a facer a laboura de control democratico da accion de goberno con una bateria de preguntas e cuestions, toda vez que este goberno tripartito segue a incumplir o acordado e non celebra as Comisions Informativas de Area, boicoteando a normal laboura de control da oposicion (da que traballa.)
No turno de interpelacions dos veciños a corporacion houbo duas intervencións destacadas.
Dous veciños denunciaron a situacion da Agrupacion Parroquial, onde supostamente houbo un desfalco de cartos e acusacions cruzadas.
Tamen unha veciña interpelou o alcalde pedindo explicacions por non ser atendida en galego polos funcionarios do Concello.
As desculpas e o compromiso do Alcalde de aclarar e corrixir o asunto, voaron polos aires coa intervencion fora de tono da Tenente de Alcalde Ana Rosa Pena, que chegou incluso a acusar a veciña de mentir, tal e como se recolle no video.
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.
Termos de uso, privacidade e cookies Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.