Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

O vindeiro luns, Comisión de Área de Servizos sociais

Visitas: 405

Ás 10:30 deste luns 2 de febreiro está convocada a Comisión Informativa da Área de Servizos sociais. Nesta comisión, aparte de outros temas, imos mostrar a nosa preocupación pola paralización do Proxecto Aloumiños

O programa Aloumiños foi un programa da Xunta de acompañamento social, emocional e comunitario dirixido a persoas maiores, co obxectivo de combater a soidade non desexada, mellorar o benestar psicolóxico e fortalecer as redes de apoio e convivencia nos concellos. O programa promove relacións sociais estables, hábitos saudables e unha mellor calidade de vida.

O programa desenvolveuse no Concello de Neda con resultados moi positivos, tal e como recolleron diversos medios de comunicación, o propio Concello e os usuarios e familias.

Levan "mirando" dende decembro

Na comisión de Decembro lle comentamos o asunto á Concelleira de Servizos Sociais Margarita Díaz Sanz, e reclamamos o máximo esforzo para lograr a continuidade do programa, recibindo como resposta que “o iban mirar” e que "é un tema da Xunta", sen asumir ningún compromiso concreto nin prazos definidos.

No Pleno a finais de decembro lembrámoslle o tema e se nos contestou que "o ia mirar". No pleno deste luns 26 de xaneiro volveu repeti-lo mesmo: "o están mirando".

Van xa máis de dous meses sen facer nada cando concellos da contorna, como San Sadurniño, xa puxeron medios propios para a continuación do proxecto.

Dende MOVENEDA pensamos que este goberno ten que deixarse de excusas poñerse mán á obra con isto.

Participación cidadá

Se algún veciño ten propostas, preguntas o algún asunto relativo a estas comisións de área e que desexe seña trasladado ós concelleiros responsables, pode facerllo chegar a directamente á concelleira Neiva Tristão facendo click eiquí ou polas canles de MOVENEDA en redes sociais ou nesta mesma páxina web.


Etiquetas:

feminismo e igualdade, goberno de Neda, servizos municipais


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.