Pois si, grande día para a enxeñaría galega: despois de máis dun ano dunha obras que ian durar so "cinco meses", choivas apocalipticas que arruinaron previsions, incidentes varios e excusas cada vez máis ocorrentes, por fin a rotonda de Xuvia xa é unha realidade. Sen rematar, sen acondicionar e, o máis importante... sen inaugurar, pero xa "regulando" o tráfico.
Xa postos a comparar xestións exemplares: mentres a rotonda que ninguén pediu xa estaba en obras meses despois de anunciarse, o paso de peóns do Poulo —esto si, reclamado polos veciños dende 2021 pola seguridade dos cativos— segue sen pintar case cinco anos despois. Entre informes que faltan, empresas de vacacións permanentes e ata a guerra de Ucraína como escusa, o goberno de Alvariño demostrou que sabe atopar culpables para todo menos para a súa incompetencia. Pintar unhas raias brancas no chan, o gran reto de enxeñaría do seu mandato.
Se a Xunta e o Partido Popular buscaban proxectar imaxe de "eficacia e boa xestión" coa rotonda, non o conseguiron.
O único, gañarlle en eficacia ó actual Goberno de Neda, cousa que non ten mérito ningún.
moveneda, xunta de galicia, comunicados de prensa, goberno de Neda, eleccions municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |