Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

A Xunta pon en alerta 32 concellos, e prealerta en outras 59 localidades. Neda, con "plan de choque"

Visitas: 40

Situación do encoro no Canal da Mariña a 10/08/2026

A Xunta de Galicia activou este martes a situación de alerta por escaseza de auga en 32 concellos das provincias da Coruña e Pontevedra, despois de máis de dous meses con caudais baixos nos ríos Lérez e Anllóns e sen que se aprecie unha mellora da situación.

A declaración de alerta implica xa a adopción de medidas para reducir o consumo de auga, como a prohibición de usos considerados prescindibles —baldeos de rúas, enchido de piscinas ou rega de xardíns— e, se fose necesario, a aplicación de cortes puntuais.

A Xunta tamén declarou a prealerta por escaseza moderada noutras catro zonas hidrográficas, entre elas o río Tambre e a ría de Muros, o río Grande, o río Mendo e a ría de Betanzos, e os ríos Landro e Ouro. Estas novas medidas afectan a outros 59 concellos, varios deles da provincia da Coruña.

En total, 91 concellos de Galicia-Costa están xa afectados por medidas relacionadas coa escaseza de auga. A estes súmanse os 150 municipios da demarcación Miño-Sil que se atopan en prealerta, polo que case oito de cada dez concellos galegos están afectados pola situación de seca.

A SITUACION EN NEDA, PREOCUPANTE

Neda non figura actualmente entre os concellos declarados en alerta ou prealerta, pero o goberno do Concello de Neda activou un plan de choque para reforzar o abastecemento de auga potable, ante o descenso das reservas e a situación de seca na comarca. O Concello pideu tamén á veciñanza que reduza o consumo e evite usos non esenciais. Se a situación empeora, poderían establecerse restricións, puntos de abastecemento alternativo e o recurso a camións cisterna para reforzar as reservas.

A medida chega despois de que veciños de varias zonas do concello avisasen de baixa presión e mesmo falla de auga. Dende goberno e Viaqua a explicación dada foi a de "unha avaría eléctrica que deixou varias zonas do municipio sen subministración".

UN ANO DESPOIS DOS CORTES DE AUGA, QUE FIXO O GOBERNO DO CONCELLO?

Todos lembramos os cortes de auga do verán pasado pola escaseza de reservas e diversos problemas de abastecimiento. Un ano despois, é certo que se impulsaron algunhas medidas paliativas, como la recuperación dun depósito antigo. Tamén en outubro de 2025 aprobouse destinar 50.000 euros á sectorialización da rede de abastecimento e aumenta-la capacidade de bombeo cara a ETAP de Pazos.

Dende MOVENEDA, e a vista de que volven repetirse as incidencias no verán pasado, pensamos que as medidas foron insuficientes e que se perdeu un ano onde se puideron acometer máis actuacións como a activación dunha segunda conexión coa rede de Narón, ou remate da conexión coa traída de Fene a través de Gunduriz. Lamentablemente, este goberno da demasiadas mostras de agotamento, falla de ideas e pouca capacidade de traballo para acometer en tempo e forma todas as medidas necesarias.

O CAMBIO CLIMATICO XA E EVIDENTE: ISTO SERA O NORMAL DE EIQUI EN DIANTE

Todas estas situacións de secas e escaseza de recursos hidricos prodúcese nun contexto de falla de precipitacións e elevadas temperaturas. Os encoros destinados ao abastecemento atopábanse a comezos de agosto ao 72,7 % da súa capacidade, un 14,4 % menos que no mesmo período do ano pasado. Augas de Galicia reclama tanto á cidadanía como aos concellos un uso responsable da auga e o cumprimento das medidas recomendadas.

A extensión desta situación a boa parte do territorio galego evidencia a necesidade de realizar un seguimento permanente dos recursos hídricos e de adoptar medidas de prevención e aforro tamén a nivel municipal, autonómico, nacional e europeo.

 


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, galicia, xunta de galicia, comunicados de prensa

  • Estado do encoro do Canal da Marina e rios de Neda
  • Estado do encoro do Canal da Marina e rios de Neda
  • Estado do encoro do Canal da Marina e rios de Neda
  • Estado do encoro do Canal da Marina e rios de Neda
  • Estado do encoro do Canal da Marina e rios de Neda
  • Estado do encoro do Canal da Marina e rios de Neda

Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.