Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

A Xunta bota culpa ás choivas da paralización na obra da rotonda de Xuvia

Visitas: 164

Así o publica hoxe o Diario de Ferrol, que recolle as "explicacións" da Xunta de Galicia ante os dous meses de paralización e retraso nas obras da nova rotonda na intersección das estradas AC-862 e AC-115, en Xuvia.

Segundo as excusas da Xunta, foron "as choivas as que paralizaron as obras da rotonda", que impediron "traballar no terreo con garantías" e que por iso levan sen actividade dende decembro.

A obra arrancou coa habitual fanfarria propagandistica no mes agosto, cun prazo de execución de cinco meses e xa acumula dous de retraso.

FALLA DE PREVISION

A paralización das obras pon de manifesto a falta de previsión e planificación. Non é admisible que actuacións anunciadas como "prioritarias" queden bloqueadas durante meses, xerando molestias á veciñanza e, por riba, sen dar explicacións. Dende MOVENEDA consideramos imprescindible unha planificación máis rigorosa e responsable das obras públicas, garantindo que os proxectos se executen en prazo e con garantías, evitando os prexuicios á cidadanía.

PASO DE PEONS NO POULO: CATRO ANOS DE ESPERA

Mentres se destinan recursos a unha obra que ninguén pediu, segue pendente unha dotación fundamental para a seguridade viaria: o paso de peóns do Poulo, reclamado polos veciños e veciñas dende hai anos, especialmente para garantir a seguridade dos viandantes e dos cativos. Esta actuación, na que están implicados tanto a Xunta de Galicia como o Goberno de Nedaacumula xa un atraso de máis de catro anos, sen avances reais nin prazos definidos.

Dende MOVENEDA esiximos a ambalasdúas administracións que se deixen de excusas e se poñan xa a traballar pola seguridade dos veciños antes de que aconteza unha desgraza.


Etiquetas:

xunta de galicia, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.