A Lei de Medidas Fiscais e Administrativas é a vía pola que a Xunta regulará as novidades nas normas de prevención de incendios. Tenta garantir que concellos como o de Neda cumpran coa sua parte de responsabilidade na limpeza nas franxas secundarias próximas a vivendas. A Xunta prevé a posibilidade de reter ate o 30 % do Fondo de Cooperación Local a aqueles concellos que non limpen as franxas.
A medida quere garantir a limpeza nas franxas secundarias próximas a vivendas e quedará recollida na norma que acompaña aos orzamentos de 2026. A disposición recolle que as cantidades retidas serán entregadas cando se emende o incumprimento
A medida ven imposta tras da gran vaga de lumes deste verán, na norma de acompañamento ós Orzamentos de 2026. Esta modificación promove que os concellos se adhiran ó convenio para a limpeza das franxas secundarias, baixo a ameaza de ser penalizados nos recursos que reciben da Administración autonómica.
En concreto, os municipios que non se adhiran a este convenio para a limpeza das franxas secundarias ou que se declare que incumpren as súas obrigacións reteráselles un 30 % do Fondo de Cooperación Local. A dotación deste fondo para 2026 supera os 187 millóns de euros.
A disposición recolle que as cantidades retidas serán obxecto de entrega cando se formalice a adhesión ou se emende o incumprimento do compromiso.
Ademáis, entre outras novidades, a nova norma prevé que as comunidades de montes deberán destinar á prevención e protección contra incendios ate o 10 % dos seus ingresos propio.
Así mesmo, elimínase a obrigación de contar cun permiso de Parimonio Cultural para os traballos de xestión do monte que se fagan manualmente ou con rozadoira. En tarefas máis complexas, o informe sectorial substitúese por unha declaración responsable. A modificación normativa da Xunta non se limita aos traballos no monte, senón que para as actuacións en bens con protección estrutural e ambiental non será preciso o permiso previo da Xunta, senón que as poderán autorizar os concellos cando concedan a licenza.
Esta premisa tamén se aplicará para concellos de máis de 50.000 habitantes (as grandes cidades) polos que discorre o Camiño de Santiago, e nas que non afecten o trazado da ruta, os bens estruturais ou as parcelas lindeiras.

moveneda, ecoloxía e medio ambente, galicia, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |