Un documento de Augas de Galicia recoñece que, dos máis de 800 millóns de euros previstos para saneamiento e depuración, a Xunta do Partido Popular só deu executado 147 millóns ata decembro de 2023: menos dun 20%.
O documento detalla que a maior parte deses fondos estaban destinados á explotación dos sistemas de saneamento e depuración, con preto de 480 millóns de euros, mentres que as actuacións de mellora directa das infraestruturas superaban os 316 millóns. A estas cifras súmanse investimentos impulsados pola Administración Xeral do Estado en grandes actuacións de saneamento, algunhas das cales presentan aínda un grao de execución moi limitado en relación cos importes comprometidos.
Más info eiquí 👉 https://enfoques.gal/economia/la-xunta-reconoce-que-hasta-2023-dejo-sin-ejecutar-680-millones-en-saneamiento/
O Partido Popular demostra unha falla total de compromiso con NedaDende MOVENEDA non podemos máis que expresar a nos máis profunda indignación ante a incongruencia que supón a realidade denuncida recentemente: mentres o noso concello segue sufrindo un sistema de saneamento obsoleto, incompleto e con averías, situación que provoca vertidos directos á ría, a Xunta de Galicia dispón de partidas de centos de millóns de euros comprometidos para saneamento que non executa.
Esta circunstancia evidencia unha flagrante falla de compromiso coa protección da Ría de Ferrol e co benestar das veciñas e veciños de Neda e dos concellos limítrofes e coa conservación ambiental. Resulta inadmisible que un problema estrutural, a falla dun saneamento digno, se perpetúe por mor de intereses políticos ou de falla de vontade real de investir e solucionar problemas.
Resulta revelador a prioridade da Xunta e do Partido Popular: en lugar de atender as carencias que levan anos denunciadas polos veciños de Neda, polos mariscadores da ría, e por todas as persoas que usamos a ría, adícanse a realizar campañas de publicidade partidista a conta da limpeza dos ríos Belelle e Basteiro.
O problema de fondo está claro: fai falla dunha rede de saneamento axeitada, moderna, capaz de tratar as augas residuais de forma eficaz e evitar vertidos á ría. O Partido Popular ten que explicar porque Neda queda fóra dos proxectos que a Xunta financia, Isto constitúe un acto de discriminación inxustificable.
As consecuencias deste abandono son gravísimas: pon en risco a saúde pública, a calidade ambiental da ría, e o medio de vida de centos de persoas do sector marisqueiro, vital para a economía local e para a conservación do noso patrimonio litoral.
Facemos un chamamento á solidariedade cidadá: a loita polo saneamento adecuado non é só de Neda, é de todas as persoas que queremos salvar a nosa ría e garantir un futuro digno para o noso pobo e os nosos sectores produtivos.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |