Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Neda sen saneamento mentres a Xunta do PP deixa sen gastar o 80% do presupostado para estas infraestructuras

Visitas: 759

Un documento de Augas de Galicia recoñece que, dos máis de 800 millóns de euros previstos para saneamiento e depuración, a Xunta do Partido Popular só deu executado 147 millóns ata decembro de 2023: menos dun 20%.

O documento detalla que a maior parte deses fondos estaban destinados á explotación dos sistemas de saneamento e depuración, con preto de 480 millóns de euros, mentres que as actuacións de mellora directa das infraestruturas superaban os 316 millóns. A estas cifras súmanse investimentos impulsados pola Administración Xeral do Estado en grandes actuacións de saneamento, algunhas das cales presentan aínda un grao de execución moi limitado en relación cos importes comprometidos.

Más info eiquí 👉 https://enfoques.gal/economia/la-xunta-reconoce-que-hasta-2023-dejo-sin-ejecutar-680-millones-en-saneamiento/

O Partido Popular demostra unha falla total de compromiso con Neda

Dende MOVENEDA non podemos máis que expresar a nos máis profunda indignación ante a incongruencia que supón a realidade denuncida recentemente: mentres o noso concello segue sufrindo un sistema de saneamento obsoleto, incompleto e con averías, situación que provoca vertidos directos á ría, a Xunta de Galicia dispón de partidas de centos de millóns de euros comprometidos para saneamento que non executa

Esta circunstancia evidencia unha flagrante falla de compromiso coa protección da Ría de Ferrol e co benestar das veciñas e veciños de Neda e dos concellos limítrofes e coa conservación ambiental. Resulta inadmisible que un problema estrutural, a falla dun saneamento digno, se perpetúe por mor de intereses políticos ou de falla de vontade real de investir e solucionar problemas.

Resulta revelador a prioridade da Xunta e do Partido Popular: en lugar de atender as carencias que levan anos denunciadas polos veciños de Neda, polos mariscadores da ría, e por todas as persoas que usamos a ría, adícanse a realizar campañas de publicidade partidista a conta da limpeza dos ríos Belelle e Basteiro.

O Partido Popular nos debe unha explicación

O problema de fondo está claro: fai falla dunha rede de saneamento axeitada, moderna, capaz de tratar as augas residuais de forma eficaz e evitar vertidos á ría. O Partido Popular ten que explicar porque Neda queda fóra dos proxectos que a Xunta financia, Isto constitúe un acto de discriminación inxustificable

As consecuencias deste abandono son gravísimas: pon en risco a saúde pública, a calidade ambiental da ría, e o medio de vida de centos de persoas do sector marisqueiro, vital para a economía local e para a conservación do noso patrimonio litoral.

Dende MOVENEDA reclamamos

  • Que a Xunta asuma inmediatamente as súas responsabilidades e execute as partidas comprometidas de saneamento e depuración para Neda e o conxunto da ría.

  • Que se priorice a realización dunha rede integral de saneamento en Neda, conectando o municipio con sistemas de depuración efectivos e non proxectos paralelos con fins propagandísticos.

  • Que se garanta a protección da ría e do medio ambiente, así como das persoas que dependen dela para vivir.

  • Transparen­cia nas planificacións e nos prazos: que se explique por que esas partidas permanecen sen xecutar, e que se fagan públicos os plans concretos de actuación e calendarización.

Facemos un chamamento á solidariedade cidadá: a loita polo saneamento adecuado non é só de Neda, é de todas as persoas que queremos salvar a nosa ría e garantir un futuro digno para o noso pobo e os nosos sectores produtivos.


Etiquetas:

comunicados de prensa


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.