A Xunta de Galicia ven de anunciar unha serie de obras no noso concello para renovar 32 paradas de autobus e adecualas ás normativas de seguridade, de equipación e para eliminar barreiras arquitectonicas e millorar a accesibilidade. Para garantir esa accesibilidade, o proxecto da Xunta incorpora rampas de acceso, novas beirarrúas e sendas peatonais.
Isto implica que máis de 40 propietarios van ver afectadas as súas fincas por medio de expropiacións.
A lista de propietarios afectados xa está en exposición pública neste enlace ao DOGA: https://www.xunta.gal/.../AnuncioG0181-231222-0001_es.pdf
Se vos achegades ó Concello, seguro que vos poden facilitar unha copia. De non ser así, vos podedes poñer en contacto con Moveneda, chamando ou por wasap, no tlfno 634 521 622 e vos facilitamos o documento.
Os afectados teñen 30 días hábiles para presentar alegacións a contar dende o 30/12/2022.
moveneda, xunta de galicia, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |