A Xunta presentou estes días para a consulta pública o Catálogo de bens de valor cultural no litoral no que rexistra cinco elementos de Neda como bens de valor cultural no litoral.
Este documento, que dá conta de preto de 1.600 elementos de interese patrimonial existentes na nosa costa, está aberto a suxestións antes da súa aprobación oficial como decreto, e achega unha ficha de cada unha das pezas catalogadas.
A Xunta catalogou a Ponte de Xubia, a Casa do Paraíso, a Fonte do Paraíso, o Pazo da Mercé e a Capela do o Pazo da Mercé.
Pódense consultar facendo click eiquí
Dende MOVENEDA pensamos que hai máis elementos susceptibles de ser engadidos a dito catálogo e agardamos que o goberno do Concello de Neda, e a través da Concelleria de Cultura, faga o traballo que lle corresponde para suxerir ditos elementos como candidatos a engrosar o catálogo.
Periodo de suxestións
A Xunta abre un período de suxestións, que se poden presentar entre o 29 de outubro e o 1 de decembro.
Consultas
Mentres, xa está dispoñible para consulta o Catálogo de bens de valor cultural no litoral. O catálogo percorre os 86 municipios costeiros da comunidade a dar conta dos diferentes elementos contemplados.
Cada ficha dá datos de localización, uso orixinal, posibles actuacións como recuperacións, rehabilitacións, ampliacións ou os posibles usos de cada un. Ademais, recolle descricións e detalles históricos das diferentes edificacións contempladas. O documento abrangue desde castros, igrexas e xacementos arqueolóxicos a antigas edificacións industriais, pontes, casas, instalacións militares ou peiraos, entre outras tipoloxías.
Segundo adiantou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, a Xunta considera que preto de 870 elementos de carácter arquitectónico e industrial "serán susceptibles de sufrir un cambio de uso a futuro, compatible coa conservación dos valores que os fixeron merecedores de formar parte do catálogo".
Canda a isto, anunciou que o documento "servirá de base para impulsar unha rede de construcións emblemáticas na franxa costeira que contribúa a divulgar e conservar a riqueza arquitectónica, histórica e cultural que atesoura esta parte do territorio".
cultura, xunta de galicia, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |