Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Cómo é posible que Alvariño tarde máis de catro anos en pintar un paso de peóns?

Visitas: 660

O paso de peóns do Poulo representa o exemplo perfecto da neglixencia do goberno de Alvariño, un auténtico record de incompetencia municipal. Un proxecto solicitado polos veciños e que acumula retrasos inxustificables, case cinco anos para pintar un paso de peóns.

  • A mediados do ano 2021, os veciños do Poulo se movilizaron para solicitar un paso de peóns na zona, para reforzar a seguridade, en especial a dos cativos.

  • A principio do ano 2022 a Axencia Galega de Infraestructuras da autorización ó Concello. Entre as condicións fixadas pola AGI, o Concello de Neda ten encargarse de rebaixar as beirarrúas, sinalizar a prohibición de aparcamento nos 10m previos ao paso de peóns e instalar un punto de luz.

  • A seguinte data relevente e o 10 de novembro de 2022, máis de oito meses despois, cando temos coñecimento polas actas de Xunta de  Goberno que o Concello procede a licitar o contrato para a iluminación do paso de peóns.

  • O seguinte capítulo deste sainete acontece en marzo de 2023, seis meses máis tarde, cando o Concello tenta iniciar as obras. Se produce entón un desacordo cun veciño afectado e o Concello de Neda recoñece que o lugar inicialmente proposto para situar o paso de peóns “non era o axeitado” e que “se equivocaron de sitio”.

    Preguntado por esto, o alcalde recoñece que van movelo máis arriba e que hai que reiniciar todo o proceso dende o principio. Dous anos perdidos. Para rematar o ridículo, Alvariño ten a brillante ocorrencia de prantexar que a estrada pase a competencia municipal: o alcalde que non consegue pintar media ducia de raias no suelo pretende xestionar una carretera nacional. Deus nos libre!

  • Durante todo 2024 e grande parte de 2025 no temos máis novedades que unha colección de chapuceiros pretextos cando se pregunta polo asunto. Un exemplo é o pleno do 29 Outubro de 2025, onde a nosa concelleira Neiva Tristão pregunta pola situación. (Click eiqui para ver o video) No minuto 47:57 podedes ver a resposta do alcalde: “O paso de peons e mais urxente que nunca, pedimos non sei cantos orzamentos e nadie nos manda (inaudible) xa non sacamos licitación, pedimos que manden presupuesto para executar porque e moi necesario, alí coa glorieta moito máis.

    Esto é todo o que pode dicir despois de cinco anos?

Cinco anos para pintar unhas raias no suelo

Xa case levamos cinco anos con este asunto. Neste tempo os concelleiros de Moveneda se interesaron polo estado das actuacións, preguntando en Comisións de Área e nos Plenos, obtendo sempre explicacións incoherentes, pretextos e desculpas: que si falta un informe, que si a Xunta non contesta; cando non faltan traballadores, os que faltan son os administrativos; logo a culpa tamen é as empresas, das vacacións, da guerra de Ucrania ou do mal tempo. Sempre é culpa de outros: hai un contubernio contra o Goberno do Concello.

Estamos xa a piques de rematar o ano 2025 e os veciños ainda non temos o paso de peóns. Alvariño e o seu goberno non fan o traballo polo que cobran e xogan coa seguridade viaria e a dos veciños.

Xunta e Concello nos deben explicacións ós veciños

A comparación coa rotonda é evidente: unha dotación que non pedía ninguén xa está en obras, tan só uns meses despois de anunciarse, pero sen embargo, se tardan cinco anos en pintar unhas raias nun paso de peóns?

A Xunta de Galicia e o Concello nos deben moitas explicacións os veciños


Etiquetas:

moveneda, plenos, servizos municipais

Cómo é posible que Alvariño tarde máis de catro anos en pintar un paso de peóns?

Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.