Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Moveneda Informa - Taxazo da Basura 1: Que é o taxazo que van aplicar os concellos? Aféctanos en Neda?

Visitas: 682

Nas últimas semanas lemos novas sobre protestas veciñais en distintos concellos causadas polo chamado "taxazo da basura". Un exemplo foi o conflito que estalou en Cangas do Morrazo. A veciñanza protesta ó recibir, de súpeto e sen información previa por parte do goberno municipal, facturas da basura que duplican o seu importe no caso de veciños individuais ou, ven o importe multiplicado por seis nos casos de industrias e hostelería.

Moveneda informa: imos contarche o que nunca te van contar outros.

Este é o primeiro dunha serie de tres artigos cos que MOVENEDA vai tratar de informar sobre o taxazo da basura. Que é, como se calcula, quen o cobra, quen o paga, que cousas afectan a nosa factura da basura... etc. Con estas tres guías pretendemos que os veciños poidamos ter claros os conceptos básicos e saibamos que escenario nos podemos atopar próximamente no Concello de Neda.

Qué é esta nova taxa do lixo?

En abril de 2025 entrou en vigor unha normativa, ó abeiro da Lei 7/2022 sobre residuos, en aplicación da normativa europea. O obxectivo é trasladar ós consumidores os custes reais do lixo e fomentar a redución de residuos. Esta lei modifica o xeito no que os cidadáns pagamos polos servizos de recollida e xestión dos nosos residuos.

A principal novidade é a creación dunha nova taxa do lixo. Este é un novo imposto sobre o lixo que de aplicación obrigatoria dende 2025 en todos os concellos de España.

Pódese consultar directamente a Lei facendo click no seguinte enlace ó BOE: Ley 7/2022, de 8 de abril, de residuos y suelos contaminados para una economía circular

Por que unha nova taxa?

A idea central desta normativa é claro: “quen contamina, paga”. A intención é incentivar a redución de residuos, co fin de aumenta-la taxa de reciclaxe e aportar transparencia nos custos reais do tratamento do lixo. Segundo explicou a ministra para a Transición Ecolóxica, “o obxectivo final é que cada cidadán sexa consciente do impacto económico e ambiental dos seus residuos e actúe en consecuencia”.

Quen paga a taxa do lixo?

Esta taxa do lixo será pagada por quen use directamente o servizo, é dicir, a persoa que viva no inmoble.

Na maioría dos casos, implica que sexa o inquilino quen asuma a taxa, salvo que o contrato de alugueiro especifique o contrario. Isto está a xerar controversia. Segundo a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), moitos contratos non mencionan a taxa do lixo, o que provoca conflitos entre propietarios e inquilinos.

Quen aplica a taxa do lixo?

A lei establece que cada concello debe implantar un imposto específico. Isto significa que non se pode incluír noutros impostos, como o de bens inmobles (IBI). Tamén, coa nova lei, os custos deben ser asumidos por veciños e empresas e non poden ser financiados ou subsidiados con cargo ós orzamentos do concello.

Cómo se calcula a nova taxa do lixo?

Cada concello pode aplicar o sistema de cálculo que considere oportuno. Entre os factores máis frecuentes que os concellos empregan para calcular a taxa están o valor catastral do inmoble, o número de persoas empadroadas no inmoble, o consumo de auga ou a cantidade estimada de lixo xerada por vivenda.

A realidade é que o espíritui da lei sinala que se debe avanzar na taxación directa por xeración de residuos, é dicir, quen máis contamina máis debe pagar máis. Os primeiros concellos que aplicaron a taxa, a calculan tendo en conta só o valor catastral da propiedade. Facer isto é propio dun goberno municipal vago, que non quere traballar nin asumir as súas responsabilidades.

Unha casa grande, con catro residentes concienciados e comprometidos coa reciclaxe pode contaminar e xerar moitos menos residuos que unha casa pequena cun só veciño túzaro, que non recicla nada e xera moitos residuos. Ó reves: unha casa grande e nova, con maior valor catastral pero cun so habitante xera menos residuos que unha casa mais pequena e vella, de menor valor catastral, onde vivan seis persoas.

Polo tanto, o valor catastral non é un concepto válido para o cálculo a taxa de basuras.

Autonomía municipal para calcular a nova taxa.

Que os concellos teñan autonomía para establecer os seus criterios xera un panorama desigual segundo localidades. En Madrid, por exemplo, o consistorio optou por un modelo mixto: o 81% do importe será fixo, determinado polo valor catastral do inmoble, e o 19% será variable, axustado en función do volume de residuos xerado por distrito.

Onde xa aplicaron a nova taxa, duplicouse ou triplicouse a factura. 

En Cangas do Morrazo, o goberno do BNG optou por un taxazo en toda regra, sen criterio coñecido e con subidas brutais. O recibo das vivendas case se duplica, ó pasar de 67,8 a 126€. Os de moitos bares e locais de hostelería de 570 pasan a 2.908€; nos restaurantes máis grandes suben de 628 a 2.908 euros e os hoteis de 50 plazas, que pagaban 643€, agora desembolsarán 3.400€.

A canto ascende esta nova taxa?

custo medio estatal da nova taxa, segundo cálculos, sitúase en 84,64 euros anuais. Porén, existen notables diferenzas entre cidades: en Barcelona, Iruña ou Donostia a taxa pode superar os 140 euros anuais, mentres que en localidades como Alicante ou Soria a cifra redúcese por baixo dos 30 euros.

Poden aplicarse bonificacións?

Conscientes do impacto económico que xera esta taxa, algúns concellos xa establecen bonificacións específicas. En Madrid, por exemplo, anunciaron reducións para colectivos vulnerables como beneficiarios do Ingreso Mínimo Vital (IMV), familias numerosas, xubilados con pensións baixas ou persoas en situación de desemprego de longa duración.

Dende a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) recomendan ós concellos aplicar bonificacións de maneira xeneralizada para mitigar o impacto desta taxa nas familias con menos recursos.

Inflación dos custes dos servizos de recollida

Outra variable a ter en conta e que influe na taxa son os custes dos actuais servizos de recollida de lixo. Estes aumentaron máis dun 30% nos últimos doce meses, dez veces máis que a inflación. Só en setembro de 2025 subiu un 14%, de media nacional. E isto foi antes da implantación da taxa nas cidades e pobos.

Engadido a este aumento de custes, en Galicia, a Xunta tamén lle meteu un subidón dun 48% á factura que SOGAMA cobra ós concellos. A excusa da Xunta e SOGAMA é que "os concellos reciclan e separan pouco". SOGAMA cobra 95 euros por tonelada de basura da bolsa negra (sen separar). SOGAMA di que estes custes poden rebaixarse a 83 euros por tonelada se disminén a producción de residuos nun 1% ou se incrementa a reciclaxe. A factura por tratar a basura orgánica és máis barata: 51,40 euros por tonelada.

Cando e como se pagará a taxa?

A cobranza será anual, aínda que cada concello ten potestade para establecer a forma concreta de recadación. Na maioría dos casos, a taxa incluirase nun recibo independente, aínda que algunhas cidades poderían decidir integralas con outros tributos municipais para facilitar o seu cobro.

A recomendación xeral é que os cidadáns consulten directamente co seu concello para aclarar as datas concretas de pago, os métodos aceptados e as posibilidades de fraccionamento do importe.

Que vai pasar en Neda, teremos taxazo?

En principio, ao ter menos de 5.000 habitantes, o Goberno de Neda librase polo de agora de ter que aplicar a taxa. Pero esta situación pode mudar en un ano ou dous.

En Neda temos outra variable a maiones: o contrato de recollida de residuos leva caducado máis de 15 anos, e cos precios sen actualizar debidamente. O Goberno de Alvariño máis tarde ou máis cedo terá que licitalo, e vai implicar unha brutal suba dos costes, que polas novas leis e normas, vai ter que trasladar integramente á factura que pagan os veciños. O incremento será inevitable. E por riba, vira a nova taxa.

O goberno municipal ten traballo por diante

Lamentablemente, dende a pasada primavera, moi poucos concellos informaron ós seus veciños deste este novo imposto obrigatorio.

Neda non é unha excepción. Do mesmo xeito que acontece con outros temas, neste da taxa de basuras, o goberno do Concello de Neda, ainda non fixo absolutamente nada, cero información a veciños e grupos políticos

Dende MOVENEDA pensamos que hay medidas e traballos que un goberno municipal responsable pode e debe ir facendo: concienciación da poboación, información dos custes reais do servizo, incluíndo custes de SOGAMA, revisar as rutas, a situación dos contenedores, as frecuencias de recollida...

Hai moito por facer. A pregunta é se este goberno indolente vai poñerse a traballar. Canto máis tarde en facelo, máis caro nos vais sair ós veciños a factura do lixo.

Isto é todo, polo de agora...

Ata eiquí, a primeira entrega de Moveneda Informa - Taxazo da Basura. Que é o taxazo que van aplicar os concellos? Aféctanos en Neda? Estade atentos, moi pronto a segunda entrega: 

Moveneda Informa - Taxazo da Basura 2: Qúe son os modelos SOGAMA e NOSTIÁN? Cómo afectan a nosa factura da basura? 


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, galicia, xunta de galicia, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.