Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

documentación Moveneda

Category: Actas plenos
Order Files by:
Name | Date
Only registered and logged in users can download files from this category.
Seleccionado para descargar: Tooltip

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO CELEBRADA EN DATA 5 DE AGOSTO DE 2024
Demisión de do concelleiro José Manuel Sanmartín Fornos,

Información
Autor Concello de Neda
Creado 2025-10-03
Tamaño 689.12 KB

Seleccionado para descargar: Tooltip
2015-09-17_Pleno Ordinario
Información
Autor
Creado 2025-10-31
Tamaño 139.65 KB

Seleccionado para descargar: Tooltip
2025-10-03 14-51-52

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO CELEBRADA EN DATA 29 DE XANEIRO DE 2024

1o.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES, ORDINARIA DE 27/11/2023 E EXTRAORDINARIA DE 22/01/2024
2o.- DACIÓN DE CONTA DOS DECRETOS DA ALCALDÍA DO 48/2023 AO 55/2023
3o.- MODIFICACIÓN DOS NOMEAMENTOS DE PORTAVOZ E PORTAVOZ SUPLENTE DO GRUPO MUNICIPAL PSDEG PSOE
4o.- MODIFICACIÓN DA COMPOSICIÓN COMISIÓN INFORMATIVA DE ASUNTOS DO PLENO

5o.- APROBACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (PLAN ÚNICO DE CONCELLOS) “POS+ 2024”

6o.- APROBACIÓN DO PLAN POS+ADICIONAL 1/2024 PARA GASTOS SOCIAIS EXTRAORDINARIOS DO EXERCICIO 2024

7o.- MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR DA EIM “OS PELEGRINS”

8o.- INCOACIÓN DO PROCEDEMENTO DE REVISIÓN DE OFICIO DO ACORDO No 6, ADOPTADO POLO PLENO O DÍA 30/01/2023 BAIXO O TÍTULO “APROBACIÓN DOS CRITERIOS DE INTERPRETACIÓN DAS NORMAS SUBSIDIARIAS DE PLANEAMENTO”

9o.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL PP REFERIDA A CONSTRUCIÓN
DUNHA ROTONDA NA INTERSECCIÓN DA AC-862 E A AC-115

Información
Autor
Creado 2025-10-03
Tamaño 1.24 MB

Seleccionado para descargar: Tooltip
2015-06-13_Acta Sesión Constitutiva Corporación Muncipal

ACTA DA SESION EXTRAORDINARIA LEVADA A CABO O DIA 13 DE XUÑO DE 2015 PARA CONSTITUCIÓN DA NOVA CORPORACIÓN ELEXIDA NAS ELECCIÓNS CELEBRADAS O DIA 24 DE MAlO DOS CORRENTES ASI COMO ELECCIÓN E TOMA DE POSESIÓN DO ALCALDE ELEXIDO.

No Salón de Sesións da Casa do Concello de NEDA, sendo as once horas e tres minutos do día trece de xuño do ano dous mil quince e dando cumprimento ao disposto polos artigos 195 e 196 da Leí orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral X eral e artigos 37 e seguintes do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais aprobado por R.D. 2568/86 do 28 de novembro, celébrase sesión pública para a constitución da nova Corporación municipal resultante das eleccións celebradas o dia 24 de maio dos correntes, a cal foi convocada regulamentariamente según orde do día circulada ós novos concelleiros/as elixidos coa antelación e formalidades esixidas.

Atópase sobre da mesa comunicación da Xunta Electoral de Zona trasladando acta de proclamación de Concelleiros/as electos neste Concello e que son os seguintes:

  • Partido dos Socialistas de Galicia-Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): D. Ángel Alvariño Saavedra, Da Ana Rosa Pena Barcia, D. Gonzalo Ferreiro Rego, Da María Begoña Balsa Alonso e D. Ángel Salvador García Cordero.
  • Partido Popular (PP): D. José Ignacio Guillermo Cabezón Lorenzo, Da María Montserrat Rico López, D. Roberto Rey Femández e Da María Carmen Insua Cabanas.
  • Movemento Veciñal Neda (MOVENEDA): Da Leticia Iglesias Basanta e D. Juan Carlos Pita Galego.
  • Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas (BNG): Da María Helena Pardo Rodríguez.
  • Converxencia Galega (CG): D. Antonio Seijo Martínez.

Actúa como Secretario o titular do Concello, D. Alejandro Ramón Antelo Martínez.

Información
Autor
Creado 2025-10-26
Tamaño 74.17 KB

Seleccionado para descargar: Tooltip
2016-01-21_Pleno Ordinario

ROGOS E PREGUNTAS.
Intervén en primeiro lugar o portavoz do grupo municipal do PP, Sr. Cabezón Lorenzo, quen formula os seguintes rogos e preguntas:

1o.- Solicitamos se nos informe de nuevo si se ha producido algún avance en la redacción de los pliegos para la licitación de la gestión de la escuela infantil toda vez que la obra civil está concluida y el tiempo apremia.

Sr. Alcalde: dende as concellerías competentes e os servizos xurídicos, económicos e técnicos municipais se está a traballar na redacción de pregos para a posta en marcha canto antes da escola infantil.

2o.- Solicitamos se nos informe de las quejas de los hosteleros porque el canje de los tickets de servicios sociales se realice siempre en Eroski, dado que nosotros lo ofrecimos y siempre se nos argumentó que no interesaba por la forma de pago que tiene el Concello.

Sr. Alcalde: agora parece que si existe disposición por parte doutros hosteleros do municipio.

3o.- Dado que se acaba de otorgar al Concello de Narón una concesión para un área de hostelería en el Paseo marítimo, nos gustaría saber porque nuestro proyecto se encuentra paralizado cuando por otra parte además está corriendo el tiempo de concesión.

Sr. Alcalde: o Concello conta coa concesión da Costas do Estado, pero non cos permisos de instalación, así que nos vemos na obriga de realizar unha consulta á Secretaría Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia sobre a posibilidade de realización da obra en terreos dotacionais de acordo con Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado inicialmente en setembro de 2014.

4o.- Que ha ocurrido con respecto al establecimiento "Bus de Neda" puesto que se nos indica que quieren retirarlo del Paseo Marítimo y que se le ha retirado tanto las llaves del albergue de peregrinos como el sello para sellar la compostela, al hilo de esto queremos saber cómo se está gestionando el albergue dado que hay gente que ha llegado a dormir el porche.

Sr. Alcalde: non se lles retirou permiso de ningún tipo, simplemente había unha conexión indebida ao fluído eléctrico e se lles requiriu para que o puxeran en orden. Por outra banda, se lles pediu que retiraran o bus para o día da festa do pan, toda vez que o Concello licitou un ambigú e eles nin tan sequera se presentaron á licitación.

Sra. Pardo Rodríguez: en canto o servizo que prestaban para o albergue de peregrinos non lles correspondía, xa que según teño coñecemento verbal Protección Civil ten un convenio asinado co Concello, por importe de 3.000 euros anuais, e son eles os encargados da atención no albergue.

5o.- Solicitamos también conocer qué medida se ha tomado en cuanto a la aportación económica del Concello a las distintas comisiones de fiestas dado que la Sra. Pardo en una comisión de Delegados de área acusa al anterior gobierno de "arbitrariedad" en su concesión cosa que rechazamos de forma tajante.

Sra. Pardo Rodríguez: dende o goberno municipal estamos traballando para elaborar un regulamento que ordene as aportacións económicas do Concello ás comisións de festas, de acordo cun criterio homoxéneo de asignacións a cada unha delas.

A continuación intervén a concelleira do grupo municipal do PP, Sra. Rico López, quen formula os seguintes rogos e preguntas:

1a.- En primeiro lugar quero comunicar ao goberno municipal que dende o noso grupo pediremos información por escrito sobre diversas cuestións relacionadas coa organización e desenvolvemento da festa do pan, ao obxecto de que se proporcione dita información por escrito.

2a.- Queremos saber por qué non houbo avituallamento para os participantes nesta edición da ruta dos muíños?

Sra. Pardo Rodríguez: teño que dicirlle que foi un erro pola miña parte, e que subsanarermos para vindeiras convocatorias e celebracións.

3a.- Tamén queremos preguntar por qué non se colocaron os carteis anunciadores da festa do pan en todos os sitios de costume?

Sra. Pardo Rodríguez: simplemente houbo algún problema loxístico en algún dos puntos, pero que tamén se arranxará para vindeiras ocasións.

4a.- Por último, quero comentar que nunha reunión cos hostaleiros locais, por parte da Sra. Pardo na súa condición de concelleira de turismo, se puxo en dúbida a nosa xestión durante os anos que estivemos no goberno municipal; pediría que estas críticas se nos fagan directamente e nos foros adecuados, e ademais quero tamén amosar a miña
sorpresa ás mesmas, cando a Sra. Pardo ni tan sequera formaba parte da Corporación Municipal nestes oito anos anteriores de goberno municipal.

Sra. Pardo Rodríguez: non son conscente desas críticas, pero calquera que teña que formular a farei directamente, xa que ese é o meu estilo.

Seguidamente toma a palabra a portavoz do grupo municipal de MOVENEDA, Sra. Iglesias Basanta, quen formula os seguintes rogos e preguntas:

1a.- No Pleno do 16/07/2015 presentamos unha moción para a substitución e arranxo das marquesiñas.

En Comisión Informativa preguntamos pola do IES Fernando Esquío e se nos deu contestación dos avances con respecto a ela. Pero quixeramos saber que se vai facer có resto? Polo menos; coa máxima brevidade posible arranxar a que está no circuíto dos transportes escolares.

Sr. Alcalde: prorrogamos dous meses o contrato que tiñamos cos operarios, entre outras cousas, para que deran arranxado este tema das marquesiñas.

2a.- No anterior Pleno preguntabamos se se ían gravar os plenos. Temos interese nelo xa que os poderían colgar na páxina do Concello e así tódolos veciños, con acceso a internet e que non poidan acudir ós plenos, poidan sentirse participes véndoos Ían estudalo, quixeramos saber en que punto están ??

Sr. Alcalde: está en fase de estudo, agora que xa temos un servizo informático con máis horas de presenza, e que está a traballar neste e noutros temas.

3a.- Por unha demanda veciñal, na zona dos Subarreiros, os mariscadores se queixaron de que non podían empregar a ponte grúa que hai, din que esta estropeada. Solicitamos que a revisen e se arranxe.

Sr. Alcalde: nos poñemos mans a obra para arranxala.

4a.- En Neda a poboación maioritaria é dunha idade avanzada, Quixeramos saber se se valora o estudo para a creación en Neda dun Centro de dia.

Sr. Alcalde: xa estamos traballando para buscar posibles ubicacións para o centro de día.

Sr. Cabezón Lorenzo: mentres se traballa na busca dunha ubicación tamén se pode conveniar cos centros de día de Narón, que temos ofrecementos en tal sentido.

Información
Autor
Creado 2025-10-31
Tamaño 1.99 MB

Seleccionado para descargar: Tooltip
2015-07-16_Pleno Ordinario

5.- ROGOS E PREGUNTAS
Intervén en primeiro lugar o Sr. Cabezón Lorenzo, portavoz do grupo municipal do PP, que formula as seguintes preguntas:
1o.- Nuestro grupo se felicita de que finalmente se haya solucionado el problema del poste de Unión Fenosa en la confluencia de Gerardo Luaces con Santa María, dado que el grupo de gobierno anterior por nosotros dirigido hizo gestiones durante “años” para poder poner fin al problema de seguridad que provocaba en un zona que siendo además
un acceso al centro de salud, tiene gran afluencia de tráfico y porque entiende que la solución es fruto de estas gestiones. Sin embargo, dado que se nos remitió por escrito, por parte de la compañía un presupuesto que ascendía a cerca de 30.000 euros y que tendría que asumir el Concello, por lo que en su momento se desestimó el mismo, queremos saber quién autorizó la misma, quién fue el interlocutor con la compañía y sí ello va a repercutir en las arcas
municipales. Así mismo queremos manifestar nuestra sorpresa por la poca “claridad” que rodea este asunto por lo que solicitamos toda la información posible.

Sr. Alcalde: o noso grupo de goberno non fixo ningunha xestión a maiores, polo que cabe deducir que Fenosa tomou a decisión de retiralo á vista da petición do Concello. Solicitaremos aclaración deste extremo, pero en todo caso consideramos que o importante era retiralo

2o.- El día seis de julio finalizaba el plazo para presentar la solicitud de ayuda, para la ejecución das obras de “Reforma de local para ampliación da Casa do Concello”. En la Xunta de Gobierno Local del veintinueve de junio se aprobó el anteproyecto realizado por los servicios técnicos, desearíamos disponer de una copia del mismo.

Sr. Alcalde: chegounos un requirimento urxente da Dirección Xeral de Administración Local e o tramitamos. O proxecto está a disposición dos grupos municipais que queiran consultalo.

3o.- En esa misma junta de gobierno presenta un escrito de Luciano Eiroa Guillén, vecino de Narón, que solicita que se anule la prohibición de circular en bicicleta por el paseo marítimo, dado que el asunto ha pasado a la concejalía de seguridad ciudadana deseamos saber que decisión va a tomarse porque entendemos que si bien el uso de la
bicicleta debe fomentarse debe prevalecer siempre la seguridad del peatón, (sí a la bicicleta si existe “carril bici” de lo contrario bicicletas sí, pero por el paseo el propietario “andando”).

Sr. Alcalde: de momento non adoptamos ningunha decisión, e a propósito da seguridade, pediremos á Demarcación de Costas material para repoñer o Paseo Marítimo.

4o.- Nos felicitamos también de que se haya redactado y firmado un convenio con la S.D. Neda puesto que era un asunto iniciado por nosotros y muy necesario.

5o.- Solicitamos información del avance de las obras de la escuela infantil así como del estado en que se encuentra la redacción de los pliegos para sacar a concurso la gestión de la misma.

Sr. Alcalde: as obras continúan o seu curso, e en canto á xestión estamos utilizando os pregos de San Sadurniño, para poñela en funcionamento canto antes.

6o.- En lo que al Plan General de Ordenación municipal respecta solicitamos que se nos comunique sí ha habido algún avance con respecto a la recepción de los informes pendientes y de cómo lleva los trabajos de adaptación el equipo redactor así como la previsión de atención a las alegaciones presentadas por los vecinos.

Sr. Alcalde: todavía faltan informes por chegar, cando teñamos todos os informes pediremos ao equipo redactor que veña para ter unha reunión con todos os grupos municipais da Corporación.

7o.- Con respecto a la concesión para el local de hostelería previsto para el Paseo Marítimo, y dado que el período de concesión está “corriendo”, ¿se ha producido alguna toma de decisión para sacar el proyecto a licitación?

Sr. Alcalde: temos que pedir informes a Urbanismo da Xunta de Galicia.

Sr. Cabezón Lorenzo: o Arquitecto Municipal me informou no seu momento que non había ningún problema, e agora parece que o criterio é outro distinto.

Sr. Alcalde: os servizos técnicos do Concello nos informan de que hai que pedir informe á Xunta de Galicia.
8o.- ¿Se ha hecho alguna gestión ante la Xunta para poder llevar adelante el nuevo club náutico en el Galpón del Puntal?

Sr. Alcalde: se pretende instalar un cocedoiro ou restaurante, e iso, según nos informan os servizos xurídicos e técnicos municipais non é posible.

9o.- ¿Qué novedades o avances hay en lo que respecta al proyecto de la Casa de Acogida financiado por Costa Noroeste?

Sr. Alcalde: tivemos unha reunión coa Xerente, e a obra tiña que estar rematada e pagada antes do 30 de agosto, prazo obviamente de imposible cumprimento cando aínda non se ten tramitado nada, por ese motivo, quedará para o seguinte plan.

10o.- ¿Cómo se está planificando la Festa do Pan? Sabemos que se han publicado las bases para elegir el mejor cartel. ¿Se está trabajando ya en la organización de la misma?

Sra. Pardo Rodríguez: xa se aprobaron as bases para a contratación da cartelería, e se está traballando en todos os eidos para a organización da festa.

Sr. Cabezón Lorenzo: se pedirá axuda económica á Deputación?

Sra. Pardo Rodríguez: o intentaremos.

11o.- La asociación de vecinos del Puntal solicitó a la Diputación Provincial 20.000 euros de ayuda para arreglar la polideportiva. Me dijeron en la Diputación que ya estaba a la firma para el pago, pido por tanto que se haga un seguimiento a este asunto.


Sr. Alcalde: vin ao respecto un escrito en que lle pedían documentación idéntica á presentada en 2013.

Seguidamente intervén a Sra. Iglesias Basanta, portavoz do grupo municipal de MOVENEDA, quen formula as seguintes preguntas:

1o.- Relacionado co paseo marítimo, xa que van ter unha doazón de Costas para o
arranxo do mesmo, ¿está contemplado tamén o alumeado?

Sr. Alcalde: neste caso non, soamente a madeira.

2o.- ¿O concello ten un proxecto de limpeza integral de cunetas?

Sr. Alcalde: si, temos contratado o servizo con Iván Tembrás, e lle obrigamos a empezar a limpeza de cunetas xa.

3o.- ¿Van gravarse os plenos?

Sr. Alcalde: reuniremos á Xunta de Portavoces para estudar todos os condicionantes legais e técnicos no senso ditaminado por Secretaría da Corporación.

4o.- Co relativo á páxina web do concello; gustaríanos saber como é a xestión da mesma?; é dicir, a persoa que a leva

Sr. Alcalde: de momento a levo eu mesmo, e o informático que temos contratado.

Información
Autor
Creado 2025-10-31
Tamaño 28.07 KB

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.