Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

todas as nosas publicacións

Convocatoria de Comisións: Asuntos do Pleno, Cultura e Turismo e Urbanismo, Medio ambente e Xuventude (ACTUALIZACION)

Visitas: 347

No dia de hoxe recibimos convocatorias para a Comisión Informativa de Asuntos do Pleno e tamén para a Comisión Informativa de Cultura e Turismo, presidida pola concelleira María Ángeles Bello Salazar

ACTUALIZACION

O venres 20 tamén recibimos convocatoria extraordinaria da Comisión Informativa de Urbanismo, Medio ambente e Xuventude, para o mesmo luns ás 10:45 e presidida polo concelleiro Javier Novo.

As reunións terán lugar no salón de sesións da Casa do Concello, ás o vindeiro lun día 23/03/2026.

MOVENEDA SI CREE NA PARTICIPACIÓN DOS VECIÑOS

Se algun veciño ten algun tema relativo a calquera destas comisións de área e que desexe seña trasladado ós concelleiros, pode facerllo chegar a directamente a concelleira Neiva Tristão facendo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Tamén podeachegalo polas canles de MOVENEDA en redes sociais, correo electrónico, nesta mesa páxina web (Contacto), ou por escrito no buzon de MOVENEDA na Casa do Concello.

COMISION DE CULTURA E TURISMO

A reunión de Cultura e Turismo terá no salón de sesións da Casa do Concello, ás 10:00 horas do vindeiro lun día 23/03/2026.

Nesta comisión MOVENEDA vai volver consultarlle á concelleira Bello Salazar asuntos e datos que quedaron pendentes da anterior comisión así como cuestión de interese referidos á súa área e desempeño.

COMISION DE ASUNTOS DO PLENO

Comisión de Asuntos do Pleno é un órgano colexiado de carácter consultivo coa función principal de preparar e filtrar os asuntos que van ser debatidos e votados no Pleno Municipal antes de que cheguen á sesión plenaria. 

En concreto:

  • Estuda e dictamina os expedientes e propostas antes de elevalos ao Pleno.
  • Informa sobre asuntos de competencia plenaria (orzamentos, ordenanzas, plans urbanísticos, etc.).
  • Facilita o debate técnico e político, para que o Pleno traballe de forma máis áxil.

 

A comisión, a celebrar ás 11:30, ten unha orde de dia prevista bastante densa:

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior, ordinaria celebrada o día 19/01/2026.

  2. Modificación do proxecto de “Instalación de contadores sectoriais na rede de abastecemento de auga de Neda”, incluído na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ Adicional 4b/2025” da Deputación Provincial da Coruña.

  3. Modificación do proxecto de “Rehabilitación e posta en servizo de depósito de auga -Os Pazos II”, incluído na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ Adicional 4b/2025” da Deputación Provincial da Coruña.

  4. Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento dunha Administración Dixital.

  5. Normativa de participación nas redes sociais oficiais do Concello de Neda.

  6. Moción do BNG para conseguir avanzar en igualdade real e efectiva fronte ao rearmamento do machismo.

  7. Moción do BNG para reclamar que se garanta un financiamento xusto e un modelo público do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

  8. Moción do BNG de condena da agresión militar contra o Irán e en defensa da paz e do dereito internacional.

  9. Moción do BNG sobre o alumeado público do Concello de Neda.

  10. Rogos e preguntas.

COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, MEDIO AMBIENTE E XUVENTUDE

Ó tratarse dunha convocatoria extraordinaria, agardamos información relevante sobre os avances do PXOUM.

Dende MOVENEDA imos esixir unha rolda de asambleas veciñais onde, tanto o goberno do concello como os técnicos da empresa subcontratada, expoñan ós veciños as ideas e liñas principais do Plan que vai dar forma a Neda nos vindeiros 25 anos.


Etiquetas:

cultura, comunicados de prensa, goberno de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.