Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Asuntos debatidos na Asamblea Aberta de Moveneda celebrada onte

Visitas: 188

Na nosa reunión desta semana da Asamblea Aberta de MOVENEDA debatemos vários asuntos: os desbordamentos, VIAQUA, goteiras no Pavillón, desbroces, PXOUM e outros.

DESBORDAMENTOS NO BELELLE E BASTEIRO

O acontecido este días reafirma a nosa postura, a mesma que levamos a defender dende 2016: As limpezas son necesarias, pero no momento e no sitio axeitados. Que 48 horas despois do susto, a Xunta e Augas de Galicia anuncien novas e urxentes limpezas leva a calquera persoa cabal a pensar que non fixeron o suficiente.

Dende MOVENEDA seguimos a insistir: nos pensamos que, polo interese e a seguridade dos veciños, é moito máis lóxico e intelixente que dúas administracións traballen coordinadamente, sumando medios materiais e esforzos.

Lamentablemente, Xunta e Concello opinan outra cousa e prefiren ir cada un polo seu lado, máis interesdos nas fotos para a prensa, nos cálculos electoralistas que no benestar e seguridade dos veciños.

E mentres non se tomen medidas en serio, seguiremos de susto en susto ou de desgraza en desgraza.

DOCUMENTACIÓN VIAQUA

Xa empezamos a analizar a documentación da concesion do servizo de augas que por fin nos remitiu o concello e imos facer unha auditoria pola nosa conta. O pliego da licitación fala de unha "Comisión de Seguimento e Control do Servizo" da que nos temos información nin constancia das súas reunions. Tamén fala dunha especie de "fondo de continxencias" para "obras de renovación" que se nute polo canon aportado pola concesionaria, fondo que debe render contas semestralmente. Tampouco nos consta ter sido informados nunca do estado deste fondo. 

De todo isto, xunto con outras cousas que tamén atopamos de notable interese, imos pedir explicacións detalladas ó goberno do concello.

DESBROCES

Xa estamos a finais de febreiro e moitos concellos xa licitaron as contratacións dos desbroces. Urxe darlle marcha a esto porque logo os desbroces de camiños fanse tarde, mal a a rastras e temos que escoitar as excusas do alcalde laiandose que "non da atopado empresas porque teñen moito choio". Isto é normal que aconteza se un goberno incompetente espera ó mes de maio para contratar os desbroces.

IImos preguntar por este asunto, a ver en qué situación está.

GOTEIRAS PAVILLON E TOELEIRA

Aparte da patética imaxe vista no Pavillón Municipal durante o concurso do Entroido, recibimos outras queixas: as goteiras estan a impedir dende hai dous meses uso normal do pavillón a certos deportes. 

Tamen temos queixas de graves filtracións de auga no edificio de servizos da Toeleira. Dende a Asociación de Veciños de Ancos, tamén reportan o mal estado do tellado do seu local, con goteiras e humidades.

Agardamos con ansia as vindeiras Comisións Informativas de Área onde imos pedir detalladas explicacións desta desastrosa situación das instalacións municipais.

PXOUM

Seguimos co traballo de analizar a inxente documentación que nos remitiu o Concello.

PETICIÓN DE INFORMACIÓN Ó CONCELLO

Cando estaba Carlos Caaveiro de concelleiro, se fixo unha peticion de información ó Concello. Como xa é desgraciadamente habitual, o concello tardou en responder e, cando o fixo, foi enviando a documentacion incompleta. Tras tomar posiesion a compañeira Neiva Tristão, se reiterou a petición de información. Mesma táctica: se remite a información tarde e mal, incompleta.

É por isto que, ante o flagrante incumplimento por parte do Goberno do Concello das suas obrigas legais de facilitar acceso á información ós concelleiros, imos elevar de novo una denuncia á Valedora do Pobo

O CONCELLO NON RESPONDE

Recibidas queixas de veciños sobre o funcionamento do contacto co concello: o teléfono do concello non contesta ou, cando o fai, alguen parece tomar nota do aviso, pero non se fai nada. Exemplo disto é o publicado estes días pasados, ver artigo  Cables colgando e dende o Concello ninguen se ocupa. Por iso imos preocuparnos polo asunto e preguntar que pasa con este tipo de avisos veciñais. 

  • Cal é o procedimento para comunicar incidencias
  • Como se asignan
  • Quen se ocupa
  • Que seguimento se lle fai ás estas asistencias ou traballos

Para nós, grande culpa de todo isto é a falla dun REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ, unha proposta no programa do PSOE de 2015 e da que nunca máis se soubo... como moitas outras, como o Centro de Día, etc

NOS SI CREEMOS NA PARTICIPACIÓN

Estes foron os asunto de debate nesta Asamblea Aberta.

Lembrade que ás reunións da Asamblea Aberta pode asistir calquera veciño, Nos si creemos e practicamos a participacion veciñal directa.

Para achegar calquera consulta a MOVENEDA ou propoñer un tema para trasladar ó concello, podedes ponerte en contacto via o noso número de telefono 634 521 622, no email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., o buzon de MOVENEDA no Concello (planta baixa, no pasillo da Policia Municipal) o por calquera das nosas Redes Sociais, inda que recomendamos o tlfno/whatsapp e o eMail


Etiquetas:

servizos municipais, asamblea aberta / asamblea permanente, Valedora do Pobo


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.